BiosBardia

O país dos libros en galego

2025: Repaso ao mellor Sant Jordi da historia

Sílvia Soler.

Xesús González Gómez.

Segundo os «cronistas», o Sant Jordi de 2024, xa superada (sic) a pandemia da COVID, foi, no que respecta ás vendas, o mellor Sant Jordi da historia. Na información sobre tal día que dabamos o pasado ano nesta mesma web, escribiamos o seguinte: «Segundo o Gremi de Llibreters de Catalunya, este ano vendéronse 1,98 millóns de volumes por un valor de 25,4 millóns de euros, o que significa, en cartos, un aumento do 6% con respecto ao ano anterior, polo que se pode afirmar que hogano foi o mellor Sant Jordi da historia (polo que a recadación se refire). O 52% das vendas foi para libros en cataláns e o 48 restante para os publicados en castelán. Por demarcacións (ou provincias) a cousa ficou así: Barcelona: 51% catalán, 49% castelán; Girona: 61% catalán, 39% castelán; Lleida: 56% catalán, 44% castelán; Tarragona: 52% catalán, 48% castelán. Se o ano pasado se vendera un total de 60.000 títulos, este ano a venda foi de 70.250 títulos. Polo que respecta ás vendas totais, por xéneros, o 31% foi para a literatura infantil-xuvenil; o 35% para a ficción; o 23 % para a non-ficción e a banda deseñada supuxo un 11% das vendas totais. Por idiomas, a cousa ficou así:

Catalán: Infantil: 38%; ficción: 33%; non-ficción: 22%; banda deseñada: 7%.

Castelán: Infantil: 21%; ficción: 36%; no-ficción: 27%; banda deseñada: 16%.»

Deste ano 2025 só se saben cifras provisionais, adiantadas polo Gremi de Llibreters de Catalunya. Aínda que fosen as cifras definitivas, xa temos dito cando falamos desta xornada que non son as cifras «realmente existentes», pois o Gremi só recolle datos das librarías asociadas e deixa fóra espazos como El Corte Inglés, FNAC e outros, así como os quioscos de xornais e librarías-papelarías, maiormente non-afiliadas. Sen esquecermos as librarías de vello e segunda man –que se colocan todas– así como as diferentes paradas de asociación culturais, sociais, etc., e mesmo algunha que outra editorial (normalmente marxinal) tamén coloca a súa parada. Dito o dito, digamos que segundo o Gremi calcúlase unha venda duns dous millóns de libros vendidos por un valor duns 26 millóns de euros.

Se estas cantidades chegan a ser definitivas, sería o Sant Jordi con «máis recadación» da historia, aínda que… Se o 2024 se venderon (sempre cifras do Gremi) 1,98 millóns de libros, este ano serían dous millóns: unha medra duns 20.000 libros. Polo que respecta á caixa, no 2024, como se reproduce, o montante foi de 25, 4 millóns de euros e hogano duns 26 millóns. En bruto, fíxose máis caixa, ora ben, se relativizamos os números a cousa non queda moi clara. Se a inflación interanual en España foi o 2024 dun 2,8, canto subiron os prezos dos libros? Se subiron o total da inflación, resultaría que con respecto ao ano pasado perdeuse recadación e, ademais, a cifra de unidades vendidas debía ser inferior ao do ano pasado.

No que respecta á lista de máis vendidos, vexamos unha comparativa.

La Vanguardia do sábado 19 de abril, no seu suplemento «Culturas» publicaba –como fai cada semana agás a xustamente a anterior ao día de Sant Jordi– a listaxe de libros máis vendidos da semana. En castelán e catalán, libros de ficción e non ficción. Velaí os máis vendidos en castelán en Cataluña do 12 ao 18 de abril, no apartado ficción:

Ficción:

1.- Por si un día volvemos, María Dueñas (Planeta).

2.- La muy catastrófica visita al zoo, Joël Dicker (Alfaguara).

3.- Quicksilver, Callie Hart (Faeris).

4.- Canon de cámara oscura, Enrique Vila-Matas (Seix Barral).

5.- En el amor y la guerra, Idelfonso Falcones (Grijalbo).

 

Segundo os datos provisionais do Gremi de Llibreters de Catalunya, os libros de ficción en castelán máis vendidos o día de Sant Jordi foron os seguintes:

 

1.- Por sí un día volvemos, María Dueñas (Planeta).

2.- La muy catastrófica visita al zoo, Joël Dicker (Alfaguara).

3.- La asistenta, Freida MacFadden (Suma).

4.- En el amor y en la guerra, Idelfonso Falcones (Grijalbo).

5.- La península de las casas vacías, Davis Uclés (Siruela).

 

Como se comproba, só cambian dous títulos con respecto aos máis vendidos dúas semanas antes do día 23. Con todo, segundo os datos provisionais, Vila-Matas estivo nun «tris» de ocupar o lugar número cinco. Veremos que nos dirán os datos definitivos. E no que respecta a grupos editoriais, Random House gaña 3 (Alfaguara, Suma e Grijalbo) a 1 a Planeta, e o grupo Lagardere (Siruela) coloca un libro. E, como curiosidade, lembremos que Joël Dicker mantén o mesmo posto que ocupou o 2024 con Un animal salvaje.

A listaxe do apartado non-ficción en castelán aparecida en La Vanguardia o devandito 19 de abril foi a seguinte:

Non ficción:

1.- El loco de Dios en el fin del mundo, Javier Cercas (Literatura Random House).

2.- El puente donde habitan las mariposas, Nazareth Castellanos (Siruela).

3.- Como mandar a la mierda de forma educada, Alba Cardalada (Vergara).

4.- Hábitos atómicos, James Clear (Diana). (65 semanas na lista de máis vendidos deste xornal)

5.- La supraconciencia existe, Manuel Sans Segarra / Juan Carlos Cebrián (Planeta).

 

Segundo os datos provisionais do Gremi de Llibreters, os libros de non-ficción en castelán máis vendidos o día de Sant Jordi foron:

 

1.- El loco de Dios en el en el fin del mundo, Javier Cercas (Literatura Random House).

2.- Hábitos atómicos, James Clear (Diana).

3.- El puente donde habitan las mariposas, Nazareth Castellanos (Siruela).

4.- La supraconciencia existe, Manuel Sans Segarra / Juan Carlos Cebrián (Planeta).

5.- Como mandar a la mierda de forma educada, Alba Cardalada (Vergara).

 

Como se ve, os mesmos títulos vendidos en Cataluña había dúas semanas repítense o día de Sant Jordi, con cambios na orde, agás de libro de Cercas. Lembremos tamén que o libro de Clear volve ocupar o posto que ocupara o ano pasado, é dicir, é un libro de longue durée. Aquí Planeta e Random House empatan: 2-2 (Planeta e Diana, e Vergara e Random House), e un para o terceiro en discordia, o grupo –francés– Lagardere.

Polo que respecta aos libros en catalán, antes de entrarmos na listaxe de máis vendidos, velaí unha pequena relación de libros de narrativa (maiormente novelas) publicados no último trimestre.

Novelas ou libros de relatos: Ramón Solsona: El carrer de la xocolata; Piti Español: La pista africana (esta é unha reedición esperada hai máis de vinte e cinco anos: publicárase por vez primeira en 1996); Ferran Torrent: El jo no mor mai; Màrius Carol: El nen dels escacs; Marta Orriols: A l’altra banda de la por; Rafael Vallbona: Tardes al bellamar; Antònia Carré Pons: La gran família; Joan Rodó: La dolor de viure; Joan Esculies: Un veí ben estrany; Ferran García: Sau; Jordi Nopca: El futur és una petita flama: Jair Domínguez: Els xiprers; Estel Solè: Aquest tros de vida; Guillem Sala: A cent trenta per la nacional; Alba Dalmau: Si una família; Núria Perpinyà: El cos invisible; Victor García Tur: Els claustres; Norha Villalonga: El tigre; Glòria Guasch: Ara si cada demà; Gemma Calduch: Si sabessis el mar com és de bonic; Sílvia Soler: Cor fort; Maria Carme Roca: El passatge; Maria Barbal: Peripècies; Teresa Solana: Carpe diem; Toni Aira: En diferit; Xavier Bosch: Diagonal Manhattan; Arià Paco: Teoria del joc; Roc Casagran: Somiàvem una illa: Seri Pàmies:Tres novel·les analògiques, etc. (Deixo,da listaxe que obra no meu poder, sen transcribir uns 15 títulos e, por suposto, non coñezo todos os que se publicaron nos últimos tres meses).

Digamos que na lista que acabamos de entregar hai nomes que foron, outros anos, líderes de vendas o día de Sant Jordi: Xavier Bosch –un clásico nestas lides–, Ferran Torrent, Maria Barbal, Sergi Pàmies… E que nesta lista aparecen nomes consagrados: Alba Dalmau, Sílvia Soler, Antònia Carré Pons, Marta Orriols (da que a editorial Aira ten publicado dous libros seus: A posibilidade de chamarlle casa e mais Aprende a falar coas plantas e xa anunciou a publicación desta novidade para o 2026), etc. Engadamos tres títulos que apareceron a finais do pasado ano e que non foron líderes de venda, mais si o son no que respecta a iso que se entende por literatura: Julià de Jòdar: La casa tapiada; Manuel Bauxili: Cavall Atleta Ocell, e Joan Benesiu: Terminus. E aínda que non sexa exactamente un libro narrativo, mais ben o poderíamos colocar no apartado de diarios ou dietarios, ou memorias, mais non, malia todo, no de auto-ficción, recomendemos outro libro que tampouco foi líder de vendas, pero que paga a pena ler (como todos os do seu autor): El món interior, de Francesc Serés.

No apartado de narrativa traducida, velaí uns cantos títulos, non todos os publicados nestes últimos tres meses: Idelfonso Falcones: En l’amor i en la guerra; Milena Michiko Flašar: La brigada de la soledat; Maria Dueñas: Per si un día tornem; Dolores Redondo: Les que no dormen Nasch; Paul Lynch: El càntic del profeta; Jessica Anthony: Desfilada; Sara Bernstein: Manual per a l’obediència; Laurent Binet: Perspectives; Craig Sherever: La legenda de Yasuke; Sigrid Nunez: Els vulnerables; Jöel Dicker: La muy catastrófica visita al zoo; Woody Allen: Gravetat zero; Elsa Morante, La història; Peter Stam. Arxiu dels sentiments; Elias Khour: La porta del sol; Amelie Nothomb: El llibre de les germanes; Vigdis Hajorth: Quinze anys; Pier Paolo Pasolini: Xavals de carrer; José Eduardo Agualusa: El venedor de passats; Solvej Balle: El volum del temps I e II; Grabrielle Zevin: La vida del llibreter A. J.Firky. A listaxe é moito máis ampla, mais paramos aquí.

Estaban cantados os libros e autores que serían líderes de venda este Sant Jordi? Segundo La Vanguardia do 19 de abril, os cinco libros de ficción en catalán vendidos na semana que ía do 12 ao 18 deste mes, foron os seguintes (engadamos que Joël Dicker, como no apartado de ficción en castelán, mantén un segundo posto que ocupou o pasado 2024 con Un animal salvatge):

 

1.- Diagonal Manhattan, Xavier Bosch (Columna).

2.- La catastròfica visita al zoo, Joël Dicker (La Campana).

3.- Cor fort, Sílvia Soler (Univers).

4.- Aquest Tros de vida, Estel Solé (Columna).

5.- Somiàvem una illa, Roc Casagram (Univers).

 

Velaí a listaxe provisional entregada polo Gremi de Llibreters:

 

1.- Diagonal Manhattan, Xavier Bosch (Columna).

2.- La catastròfica visita al zoo, Joël Dicker (La Campana).

3.- Cor fort, Sílvia Soler (Univers).

4.- Aquest tros de vida, Estel Solé (Columna).

5.- Somiàvem una illa, Roc Casagran (Univers).

 

Sobran, acho, comentarios. Ou quizais non. Talvez cómpre dicirmos que pode ser que a listaxe semanal de libros máis vendidos de La Vanguardia marque, como se di, «tendencia» ou… vaian saber vostedes. Polo que respecta a grupos, Planeta ten dous títulos (Columna), O Grup Enciclopèdia –que mantén «contactos» con Planeta, por aquilo de que comparten accionariado en diversas editoras catalás– tamén coloca dous títulos (Univers), o quinto en discordia é para Random House.

Polo que respecta a libros de ensaio, de historia, dietarios, memorias, libros de crónicas,  biografías, etc. Aí van  uns cantos títulos aparecidos nos últimos meses:

Armand Puig: Antoni Gaudí: Vida i obra; Vicenç Altaio: El somni de la subversió. Memòries d’un traficant d’idees (manual para aqueles –ou aquelas– que queiran triunfar no mundo da arte, e a literatura, sen ter moitas ideas, ou coa axuda de ideas prestadas); Albert Om: Marina Rossel: No farè cap més llibre. Retrat íntim de Marina Rossell (non o lin, mais, por diversos motivos, teño curiosidade de lelo, sobre todo para ver se aparece por alí Kico de Cariño: acompañante –musical– asiduo da Rossel cando esta empezaba alá polos anos 74-75; Philippe Sands: Carrer Londres, 38. Dos casos d’impunitat: Pinochet a Anglaterra i un nazi a la Patagonia; Terry Eagleton: Per què Marx tenia raó; Elena Crespi:Alimentar la bèstia; Noam Chomsky: Hegemonia o superviència; Toni Cruanyes: La dona del segle; Albert Espinosa: L’univers groc; Marta Cerdà: Sobreviure al diseny; Gabriel Ventura: El millor dels móns impossibles; Albert Balcells: L’Abat Escarrè i Montserrat; Borja de Riquer: La memòria dels catalans; Eric Hobsbwam: Revolucionaris; Enric Casasses: Notícia de la poesia catalana; Martí Domínguez: La llum de les llums (excelente antoloxía da ilustración francesa); Julià Guillamon: El rellotge verd; Lluís Foix: La força dels arrels; Anna Sáez Mateu: L’enverinadora. Una assassina en sèrie rural; Antoni Puigverd: Ocell de bosc; Jaime Palomera: El segrest de l’habitatge; Eva Illonz: Modernitat explosiva; Gonçal López-Pampi (editor): Pensar l’assaig en el segle XXI;  Jaime González: Psicòptic! Pau Riba & Dioptria; David Bueno: L’art de ser humans.

 

A mencionada La Vanguardia, o mencionado día 19, daba como libros de non ficción en catalán máis vendidos, a seguinte listaxe:

 

1.- Entre el paradís i l’apocalipsi, Xavier Sala i Martín (Rosa dels Vents).

2.- La dona del segle, Toni Cruanyes (Columna).

3.- La memòria dels cataláns, Borja de Riquer (Edicions 62).

4.- L’univers groc, Albert Espinosa (Rosa del Vents).

5.- La passada a l’espai, Manel Vidal (Destino).

 

E a lista entregada polo Gremi de Llibreters dos libros de non-ficción en catalán o día de Sant Jordi é a seguinte

 

1.- Entre el paradís i l’apocalipsi, Xavier Sala i Martín (Rosa dels Vents)

2.- La passada a l’espai, Manel Vidal Boix (Destino).

3.- La dona del segle, Toni Cruanyes (Columna)

4.- La fugida, Mayka Navarro / Paco Marco (Columna).

5.- La memòria dels cataláns, Borja de Riquer (Edicións 62).

 

Xavier Sala i Martín.

Neste apartado, Planeta gaña por goleada a Random House, aínda que este grupo manteña o primeiro posto.

Para acabarmos co tema de libros cataláns publicados neste último trimestre demos, máis ben como curiosidade, unha pequena listaxe de libros de poesía. Libros que –por suposto– nunca entrarán en listas de máis vendidos (sobre todo despois da desaparición dos dous últimos poetas cataláns que foron, en certa medida, best-seller: Miquel Martí Pol e Joan Margarit): Antoni Marí: Quatre costats; Valenti Puig: Llum enemiga; Vicenç Villatoro: Via Toscana; Emily Dickinson: Poesia completa; Maria Josep Escrivà: L’alegria de l’oblit; Blanca Llum Vidal: Tan bonica i tan tirana; Feliu Formosa: El quadern groc; Jordi Mas: Cant d’amor advers; Carles Fabregat: Present de llum; Joan Navarro: Salvatge! Poesía completa 1974-2004; Cèlia Sánchez-Mustic: Creus que hi soc. Poesía 1989-2021; Odisseas Elitis: Sol primer; Robert Graves: El país que he escollit (unha ampla antoloxía deste escritor inglés que viviu durante moitos anos en Deià, Mallorca, publicada por Nova Editorial Moll, herdeira da vella Editorial Moll que tivo un impase de publicación debido a unha mala e  desorbitada xestión dun coñecido escritor e poeta mallorquino), Francesc Parcerisas: Triomf del present (Obra poètica 1965-2000); Gemma Casamajó i Soler: Com l’oculta flor d’un cactus.

De todos os libros dos diferentes apartados puidemos transcribir mais títulos, pero non se trata nin de aborrecer nin de asoballar a posíbeis lectoras e lectores, e menos darlle cun canto nos dentes a aquela/es que poidan pensar que os problema de Galicia e Catalunya son similares: abondo diferentes e que necesitan respostas diferentes, tanto no plano da, digamos cultura como no da política. O seguidismo, nolens no volens, sempre é prexudicial.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *