A concienciación sobre o Holocausto demorou 20 anos
Ollar para Ánxel Fole no seu 120.º aniversario
Xesús González Gómez.
O 13 de febreiro de 1965, na sección «Meridiano siete», da terceira páxina de El Progreso, Fole publica, sempre co pseudónimo de Neumandro, o artigo «Cuatro úlceras de estómago». Catro úlceras que teñen «todas las trazas de cuatro úlceras históricas». Primeiro: «por tratarse de cuatro úlceras simultáneas por exceso de trabajo». Logo: «por ser los pacientes cuatro abogados fiscales o ayudantes fiscales». Por último: «por haberse sentido desfallecer estos dignos funcionarios fiscales estudiando sumarios y más sumarios incoados a miembros de las milicias nazis, en la Alemania Occidental». Talvez, di o escritor galego, algunha desas úlceras se producise «por rastrear en el papel de oficio, tanta monstruosidad».
Os catro funcionarios son, «nada menos», os axudantes do «fiscal especial alemán de delitos contra el derecho de gentes, señor Erwim Schüte», que leva «centenares y centenares de causas contra genocidas y sádicos nazis».
Descartaría, di Neumandro, que a causa das úlceras sexa a vinganza dalgún taberneiro ou dono de restaurante filo-racista que os intoxicase coa comida ou a bebida, mais, engade «todo puede ser…». Despois de lembrar que o Parlamento da República federal alemá aprobara que os delitos cometidos durante a II Guerra mundial prescribían vinte anos despois de acabada esta, polo que «el día 8 de mayo próximo, esta clase de delitos dejarían de ser perseguidos»… engade: mais o fiscal aclarou puntos da lei: non alcanza a aqueles que se agacharon baixo nome falso, nin a aqueles que non se lles imputou delito por non saberse que o cometeron, e non se deixan «sin efecto legal los sumarios incoados pendientes de juicio oral», é dicir, aqueles sumarios iniciados en que o acusado non se presentou.
Segundo este fiscal, e recolle Fole, a xustiza da República federal fallou, dende maio de 1945, «sobre más de dieciséis mil casos». Algunhas causas foron moi laboriosas «y duraron más de un año, como la del exterminio del ghetto de Ucrania, en el que fueron ejecutados veinte mil judíos por los agentes nazis».
O escritor lugués acaba lembrando que, segundo dixo o fiscal alemán, aínda están pendentes máis de cinco mil xuízos, e algúns deles serán «de lo más espectaculares que se hayan visto por delitos de asesinatos de masa, llevados a cabo en los últimos meses del curso de la guerra.»
O artigo é isto, escrito con total imparcialidade, a non ser o comentario do taberneiro ou dono de restaurante filo-racista. É como se Fole non quixese implicarse sentimentalmente e é capaz, con frialdade, de falar de asasinatos de masa perpetrados polos alemáns. Comprobarase que non hai, como quen di, ningunha palabra de condena. Como bo narrador, non aproba nin condena: presenta para que o lector ou lectora tomen partido.
Dous meses despois, o 15 de abril, aparece, na última páxina do xornal, a primeira parte dun artigo titulado «Un psicólogo en el campo de concentración». Artigo recollido por Rodríguez Fer no citado volume da obra completa de Fole
Este artigo iníciao Neumandro, con tal pseudónimo asina, lembrándolle ao lector que hai vinte anos «se reñían las batallas finales de la segunda guerra mundial». En febreiro fora a Conferencia de Ialta. Ese mesmo mes de febreiro os avións aliados someteran a cidade de Dresde «a un catastrófico bombardeo». Segundo uns, o bombardeo foi unha esixencia de Stalin na devandita conferencia. Segundo outros, «Churchill lo tenía preparado para impresionar al dictador comunista». As tropas rusas pisaban xa territorio xermano, as occidentais pasaran o Rin. As cidades alemás eran bombardeadas. A paisaxe: «Un cuadro horripilante, dantesco». «Era –prosigue mais adiante o noso escritor– la hora trágica, interminable, de la apocalíptica tempestad que el mismo tirano [Hitler] provocara».
Mais todo este horror, escribe Fole, «era mucho menos espantoso que el mudo horror de los campos de exterminio nazis. […] El nazismo derrotado en todos los frentes, sacrificaba sus últimos millares de víctimas». Nos campos non se perdoaba a ninguén: «Una grey tras otra, misérrimas y gemebundas, eran empujadas al martirio, a la muerte. Se ahorcaba, se fusilaba o gaseaba con satánica frialdad. En eso consistía el terror nazi: lúcido, calculado, implacable.» Ningún xudeu, así fose muller, neno ou ancián se salvaba. Todos eran «entregados a la tartártica trituradora. En eso consistía la neroniana fórmula de Hitler de la “solución final”».
Nun deses campos penaba a súa culpa, ou sexa, ser xudeu, o médico vienés Víctor (sic) Frankl. Primeiro en Auschwitz, logo en Dachau. Frankl, lembra Fole, «es el creador del método psicoterapéutico conocido por la denominación de Lofoterapia y Análisis existencial». Foi discípulo de Freud e naquel 1965 era profesor de Neuroloxía da Universidade de Viena. Despois de lembrar que Freud, «la más descollante figura de toda la ciencia psiquiátrica moderna», foi salvado das gadoupas nazis «casi a contrareloj» pola princesa Marie Bonaparte, discípula súa, e que cando os nazis entraron en Austria foi destituído de todos os cargos, segundo o noso escritor. Di tamén que a esposa de Frankl foi internada no mesmo campo. O resultado da experiencia do psicólogo vienés nos campos de exterminio deu como resultado o seu libro: Un psicólogo en el campo de concentración, tradución de Valdés e do doutor A. von Ritter Zahony, publicado pola editorial Plantín de Buenos Aires[1]. Estes datos, ademais do título orixinal en alemán entrégaos Fole, e comenta: «No sin que se extrañe el cronista de que tan interesante documento psicológico haya sido apenas comentado en nuestra prensa». Talvez ese libro non foi comentado na prensa española porque esta (de bo grado a maioría, e quizais algún xornal ou revista un pouquiño á forza), de 1939 a 1945, e algúns xornais e revistas até anos máis tarde, foi descaradamente pro-alemá. Pro-nazi.
O libro, avanza, é breve. Ten un prólogo e sete capítulos: «No es un estudio descriptivo de exterior, sino más bien de interior, de autoanálisis.» Afóndase nas reaccións psíquicas dos internados e foxe do tremendismo e da truculencia. Por iso, di Neumandro, é «una excepción entre tantos libros documentales sobre los campos de concentración». E acaba, paga a pena reproducir case todo o remate do artigo: «Prepárese el lector a entrar en el más pavoroso recinto infernal que pueda imaginar. Nada de lo que ha visto, oído o leído, le parecerá tan escalofriante como esto. Su sensibilidad será puesta a prueba. El cronista lo dejó, el terrible libro, el desolador documento, meses enteros en la página cien. […] Lo saturó –literalmente– de indignación y compasión al mismo tiempo.» Tres días despois, o 18 de abril daquel 1965, aparecía a segunda e última parte do artigo. Ou o segundo artigo sobre o libro de Viktor Frankl, como se prefira.
Neste segundo artigo éntrase de cheo no libro de Frankl. O primeiro capítulo titúlase «“El prisionero desconocido”. Entiéndase: todo prisionero». Este capítulo, todo o libro, merecería o lapis, a pluma ou o pincel dun Valle ou dun Goya, ambos «creadores del más impresionante humor negro», mais o autor é un científico e átense ás normas do seu propio saber.
Despois dunha viaxe en tren, os vagóns ateigados, o autor do libro chega a Auschwitz procedente de Viena: «Barracones, fango, reflectores; misteriosos silbidos, voces de mando y rostros brutales.» O nome dos prisioneiros é substituído por un número, o de Frankl é o 119.104: «Ya nadie lo llamará por su nombre. Ni siquiera sus compañeros de cautiverio. La primera, impensable, humillación». Segunda humillación: os reclusos non teñen dereito a saber en que hora viven. Todo o que levan pasa a mans dos gardiáns. Un oficial das SS move o índice da man dereita e segundo a súa indicación os prisioneiros van a un lugar ou outro: os da dereita, a traballar; os da esquerda, á cámara de gas. «En el cielo brumoso de Polonia, la alta chimenea del crematorio despedía una débil llama y un espeso humo de un apestoso olor que quedaría para siempre en las narices».
Condúcenos aos barracóns-dormitorios: «un lecho de tablas de dos cincuenta para nueve, dos mantas para los nueve. No hay almohadas.» A comida de cada día: «Un litro de aguada sopa de arvejas, trescientos gramos de pan, un trocito de margarina.» Hai quen rouba a comida aos compañeiros para poder sobrevivir. E Frankl anota aquilo que sempre dixeron os superviventes dos campos: «“De los mejores ninguno retornó a su hogar”. El terror nazi depauperaba el cuerpo y pudría el alma» –engade Fole.
De súpeto, aparece o sádico. Os prisioneiros traballan na construción dunha liña férrea sobre o campo nevado. Acenden unha cacharela. Un garda achégase e desfaina: «lo que le hace prorrumpir en carcajadas». Un neno de doce anos, ínchanselle os pés. Descálzase. Conxélanselle os dous. Frankl, como psicólogo, loita para afastar dos seus compañeiros a idea de suicidio: «Se ahorcan algunos; tocan otros las alambradas de alta tensión». Os traballadores debilítanse, ao cabo de pouco «ya no son más que el espectro de sí mismos». A maioría, momias viventes. Os que non son útiles, son enviados aos «pabellones de reposo. Con un sarcasmo macabro designan así a las antecámaras de las salas de gasificación».
Os reclusos non teñen ningún dereito. Non poden usar papel e pluma. «Si alguien arranca tiras de la manta para vendar sus piés doloridos, es llevado a la horca». Se algún se sae da fila, e mallado brutalmente. Á fame engádese o frío: vinte graos baixo cero. Teñen os prisioneiros dous minutos para espiollarse. «Los parásitos propagan el tifus exantemático». A única medicina dispoñíbel: aspirinas. A peste decima a reclusos e alcanza os gardiáns. Lembran que Frankl é medico. Un día os gardiáns obsequian con cigarros os prisioneiros: visita o campo unha comisión da Cruz Vermella suíza. [Visita real, esta comisión non se decatou de nada. Véxase o filme de Claude Lazmann, Shoah. Quizais, tamén porque os suízos lles devolvían aos nazis moitos dos que escapaban de Alemaña e se refuxiaban na Confederación Helvética.] Dinlles aos reclusos que serán evacuados a Suíza. Grande alegría. Soben aos afectados pola peste a camións. Os sans non son trasladados. Encerran os enfermos noutros pavillóns: «y con ellos dentro, todavía vivos, se planta fuego a las barracas. Y arden con los bacilos incubadores y los piojos transmisores de la epidemia, “Solución final” hitleriana al problema».
E acaba Fole (Neumadro) o seu artigo co seguinte parágrafo: «Un buen día los guardianes del campo aparecen vestidos de paisano. Vuelven a ofrecer cigarrillos a los prisioneros. Faltan unas horas para que lleguen las tropas liberadoras… ¿Qué sería de aquel celador que fracturó varios cráneos de cautivos con su porra?».
[1] Existen versión española e catalá deste libro. A maioría de escritos de Viktor Frankl foron publicados en castelán, en España, polas editoriais Herder e Paidós.