Adicatoria
Francisco Álvarez «Koki».
Pra miña Galiza
que me doi que este lonxe de min,
Pero eu sei que ela sofre mais,
por que o sufrimento de nai
sempre é mais forte.
Da silandeira noite
e da sulagada ilusión
parideira de pantasmosos fillos,
quizais ti chores, Galiza,
por esa longa e parideira vida
de exilios e de mortos
de saudades e anceios
ó pe de cada intre, a carón de cada hora.
Quizais non haxa corredoira nin abeiro,
onde non se deixe sentir o bruar do teu mar,
onde non se escoite o silandeiro átomo
do teu agarimo.
O achado do teu silencio é fermoso, Galiza,
pero só o acadan os tolos, as lideiras,
e os orfos da vida.
Quizais ti me comprendas, Galiza,
sen ánimo de politizarte eu quérote.
Por que ti mereces máis, moito máis,
ca mil, ca un millón de verbas falsas,
no cumio dun púlpito.
Por que ti Galiza, mereces moito máis
ca o protocolo duns porcos marráns cantando
o himno galego.
Eu quérote a ti, Galiza,
non a eses homes, falsos hipócritas e xudas,
que encabezan as súas listas políticas,
con nomes dos teus egrexios fillos mortos.
Eu sei o que ti agardas, Galiza.
Ti agardas a verba humilde e sinxela,
dese teu home campesiño e mariñeiro,
na súa canción de nana
tremendamente cotiá.
Manteño a esperanza de que os teus fillos,
saiban erguerte ó cumio da túa identidade
sen que en Madrí decidan o teu destino.
Dende a lonxanía do exilio
das miñas circunstancias,
presinto que na derradeira verba de calquera tarde,
tremerás nun aturuxo de meirande LIBERDADE.