Beatriz Cabaleiro: “A novela ilumina a crúa realidade da precariedade laboral”
Coñece os participantes do Torneo Aira de Novelas: Beatriz Cabaleiro
Beatriz Cabaleiro (O Porriño, 1992) graduouse en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (2015) e obtivo un Mestrado en Profesorado pola Universidade do Atlántico Medio (2023). Finalista do Premio Literario Frei Martín Sarmiento (2022) co seu libro infantil Clover, unha porquiña diferente (2020), na actualidade compaxina o seu labor na comunicación corporativa coa docencia e a escrita.
A escritora optou pola comedia para a torneo:
“O proxecto narrativo non só se mergulla nas peripecias hilarantes e surrealistas dun albergue de peregrinos do Camiño portugués a Santiago, senón que tamén ilumina a crúa realidade da precariedade que afecta a moitos negocios en Galicia. Mentres seguimos as obsesións compulsivas do propietario e as circunstancias cómicas derivadas da súa xestión, a novela fai unha sátira mordaz”.
Mais o ton non conduce, segundo Cabaleiro, á superficialidade:
“Os empregados, abafados até o límite, representan de maneira cómica a realidade das condicións laborais de moito persoal que traballa en pequenos negocios. O relato non só busca entreter, senón xerar reflexión sobre este tema”.