BiosBardia

O país dos libros en galego

Canción para un fado

Dulce Pontes.

Francisco Álvarez «Koki».

Estou sentado no mar,

O vento pasa ao meu lado,

namentres escoito un fado

que o meu corazón fai chorar.

O Douro comigo chora,

nas ondas que veñen e van,

deste intre de verán

que o meu corazón namora.

O fado de Dulce Pontes,

sangra na beira do río.

Na súa voz de arrechouchio,

onde choraban as fontes.

Que cousa que teño hoxe,

neste cotío sufrir,

nesta dor en que vivir,

e unha pena que vén e foxe.

Neste fado que me arranca,

tanto gozo, tanta pena,

que a vida me envelena,

na musica que a dor espanta.

Quedarei sempre contigo,

nesa voz que o amor devala,

nesa paz que en min estrala,

soñando que estou durmido.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *