‘Conversas: Os oficios do libro’, nova sección de ‘Biosbardia’
Para celebrarmos o décimo aniversario da revista dixital Biosbardia ofrecemos como contido, por primeira vez, un formato audiovisual e un podcast. Velaí como os seguidores de Biosbardia poden acceder á nova sección ‘Conversas Biosbardia: Os oficios do libro’.
Esta nova sección ofrece entrevistas en profundidade con persoas relacionadas cos diferentes elos da cadea do libro e ampla traxectoria. Conversas co editor de Biosbardia, César Lorenzo Gil, que se gravan na libraría Cartabón, patrocinadora do espazo.
A primeira conversa gravouse o 10 de outubro. A protagonista é a escritora e investigadora Rexina Vega, que fixo un amplo repaso da súa biografía, tanto no aspecto literario e universitario coma na compartición de detalles da súa vida. Unha boa oportunidade para coñecer máis unha das grandes autoras contemporáneas.
As conversas Biosbardia poden verse no Youtube ou en formato podcast na plataforma Spotify.