BiosBardia

O país dos libros en galego

Emma Pedreira incorpórase como crítica a Biosbardia

Emma Pedreira. VERÓNICA RAMILO.

Emma Pedreira súmase ao elenco da sección de Crítica de Biosbardia. Esta semana publicaremos unha orixinal recensión que xunta dúas novidades da literatura galega actual.

Pedreira naceu na Coruña no 1978 e é filóloga, escritora e artista visual. Como poeta, leva publicados máis de dez títulos, que van desde o primeirizo Diario bautismal dunha anarquista  morta (Espiral Maior, 1999) até o máis recente Para saír deste lugar/Para salir de este lugar (Urutau, 2023). No 2017 un poema do seu libro Antídoto (Alvarellos) foi considerado o Mellor Poema do Mundo e recibiu o Premio de Poesía Jovellanos.

No 2018 gañou o Premio da Crítica Española no apartado de Narrativa en galego por Bibliópatas e fobólogos (Galaxia), o Premio Xerais de Novela por Besta do seu sangue e o Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño por As voces ágrafas.

No 2019 gañou o Premio Jules Verne por Os corpos invisibles (Xerais), novela que foi considerada, xunto coa súa autora, a mellor do ano para a revista electrónica Fervenzas Literarias. Esta obra tamén gañou o Premio da Gala do Libro Galego á mellor obra xuvenil.

No 2020 publicou a novela histórica As fauces feroces e o libro de poesía Xelarias, palabra á intemperie, en colaboración coa ilustradora Laura Romero e formou parte na antoloxía de voces femininas da narrativa actual Entre Donas. Todas publicadas por Baía.

No 2021 publicou a autobibliografía Os libros que hai en min (Cuarto de inverno) e o libro Juana de Vega, a muller que desafiou o seu tempo canda Marilar Aleixandre (Galaxia).

Tamén publicou A parte dos anxos (Aira, 2023), en colaboración co ilustrador Carlos Lago e A boca da sombra (Aira, 2024).

O seu úlitmo libro é As horas mortas (Baía, 2024), unha viaxe e conversa colectiva ao redor dos rituais e lugares da morte.

Escribiu crítica literaria, entre outras publicacións, n’A SegaAdianteNós DiarioLuzesProtexta, sección literaria da revista Tempos novos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *