Fran Alonso: “Hai que reconectar a masa lectora cos clásicos galegos”
Xa podes ver ou escoitar a nova ‘Conversa Biosbardia’, segundo episodio da serie ‘Os oficios do libro’. Desta volta, o convidado que acompañou o editor de Biosbardia, César Lorenzo Gil, na libraría Cartabón foi Fran Alonso (Vigo, 1963), escritor, activista a prol da lectura e director de Edicións Xerais de Galicia.
Alonso, nunha entrevista en profundidade, recordou os seus inicios como autor e editor, a súa traxectoria como xornalista e os retos literarios e profesionais que o desafían neste momento da súa vida.
Tamén compartiu as lecturas que o influíron e fixo reflexións moi orixinais sobre o futuro do libro electrónico e os retos estratéxicos do mercado editorial galego.
Xa sabes que Biosbardia ten perfil propio nas plataformas Spotify, IVoox e Youtube.
Conversas Biosbardia é un espazo mensual patrocinado pola libraría Cartabón.