Inma López Silva: “Percíbese unha baixada da calidade da lingua na escrita literaria”
Publicamos a nova ‘Conversa Biosbardia’, terceiro episodio da serie ‘Os oficios do libro’. A convidada que conversou co editor de Biosbardia, César Lorenzo Gil, na libraría Cartabón, foi Inma López Silva (Santiago de Compostela, 1978), escritora, crítica literaria e investigadora.
Na entrevista, López Silva fixo un balance amplo da súa traxectoria creativa e non esquivou ningunha polémica. A autora é unha das voces máis veteranas e recoñecidas das nosas letras actuais. Publica desde a adolescencia e ten no seu haber o Premio da Crítica, o Premio Xerais e o Blanco Amor, entre outros.
Inma López Silva atendeu os diversos temas que apareceron na conversa con gran lucidez e moita profundidade.
Biosbardia ten perfil propio nas plataformas Spotify, IVoox e Youtube.
Conversas Biosbardia é un espazo mensual patrocinado pola libraría Cartabón.