BiosBardia

O país dos libros en galego

Notas e datos para unha historia das traducións de libros galegos ao castelán (1950-1980)

Tapa da edición de Júcar (1974) de “Nós”, de Castelao.

Xesús González Gómez.

Despois da guerra do 1936, as primeiras traducións de escritores galegos deberon aparecer, se non nos equivocamos, no volume do escritor falanxista Félix Ros Práctica de Literaturas no castellanas. Un panorama completo de todas las literaturas desde el S. -X a 1944. (Traducciones artísticas y de extraordinaria fidelidad). Ros nacera en Barcelona no ano 1912. Licenciado en Dereito e Letras, afiliouse á Falanxe. Colaborou en Cruz y Raya, El Día Gráfico, La Vanguardia, etc., e foi funcionario da censura, Autor de diversos poemarios considerados como pos-simbolistas, entre os que salienta Condenado a morte (1967), foi asemade dramaturgo, ensaísta e memorialista. Publicou en 1941 Preventorio D., os seus recordos da guerra. Fundou as editoriais Lauro y Yunque, esta última especializada en poesía. Morreu en Istambul no 1974.

O volume —305 páxinas— amosa un amplo panorama que abrangue desde as literaturas primitivas (sic) —pobo hebreo, a India, a China, Persia, etc.— até a actualidade (1944), pasando por todas as épocas e case todas as literaturas europeas: das nórdicas só hai mostras do s. XIX, das eslavas só aparecen a rusa e mais a polaca, as neerlandesas non figuran. Os autores escolmados, de anónimos até Papini, Eugene O’Neill, Chesterton ou Bernard Shaw, Proust ou André Maurois pasando polos clásicos gregos e latinos ou diversos poetas xaponeses, dando un total de 184 autores. Destes, oito galegos: El-rei don Dionís (sic) e Alfonso X (cun poema cada un) para a literatura medieval (traducidos polo propio Ros) e seis dos s. XIX e XX: Rosalía de Castro —”Adios ríos, adios fontes”, traducido como “El emigrante”—, Curros Enríquez —”Cantiga”—, Eduardo Pondal —”Feros corvos de Xallas”—, Cabanillas —“Camiño longo”—, Noriega Varela —”Que dirán”— e Castelao, unha Cousa: “Se eu fose autor…”. Agás os de Curros e Noriega, vertidos por Luis Guarner e o de Castelao por Carlos Martínez Barbeito, os outros textos están traducidos por Félix Ros.

Mais as traducións, ou autotraducións de novelas, e poemarios, galegos ao español durante a longa noite da ditadura franquista non foron moitas, mais talvez foron máis dos que, hoxe, pensamos. Como foi moito máis ampla, por exemplo a recepción do libro galego na prensa barcelonesa e madrileña dos anos 1950 a 1980 do que é actualmente. As causas son múltiplas, e non é este é o lugar para analizalas; mais, digamos que comentar un libro galego, publicado en galego sen que aínda estivese traducido ao español, talvez era visto por algunhas redaccións xornalísticas, ou por responsábeis de suplementos literarios, como un acto de «oposición» de mínimas ou ningunha consecuencia. Mais o certo é que xornais como La Vanguardia e Tele/Expres, de Barcelona (recensións que, maiormente, corrían a cargo de Xavier Costa Clavell), ou Informaciones, de Madrid, dedicáronlle moitas páxinas ao libro e a autores galegos. O mesmo acontecía, en menor medida, nas revistas Destino, de Barcelona e Triunfo, de Madrid. E en moita menor medida, Antonio Tovar, desde as páxinas do semanario Gaceta Ilustrada comentaba de cando en vez algún libro galego, o mesmo que Guillermo Díaz-Plaja no xornal ABC. Cabe recordarmos, tamén, que ás veces eran comentados libros galegos en revistas do «corazón», como Diez Minutos (a cargo de Javier Alfaya) ou Garbo (da man de Alfonso S. Palomares). E mesmo nunha revista oficialista como La Estafeta Literaria aparecía algunha vez unha recensión dun libro galego, como acontecía no semanario, ultra-falanxista, SP. Mais, talvez, a figura máis destacada foi a de Gustavo Fabra Barreiro, profesor da Cátedra de Fundamentos da filosofía da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Madrid, de quen o 27 do mes que vén se celebra o 35.º cabodano, autor dunha Literatura gallega, volume XXXII da serie Literatura española en imágenes (Editorial La Muralla), aparecida en 1973, quen lle outorgou especial atención á nosa literatura tanto nas páxinas de Informaciones como na Revista de Occidente. Algunhas destas recensións e outros escritos sobre tema galego de Fabra Barreiro apareceron no volume El discurso interrumpido (Akal, 1977, edición de Mauro Armiño). Tamén lle dedicou especial atención á literatura galega o escritor mallorquino Josep Maria Llompart (que publicou varios libros en que recolleu as súas traducións de poesía galega: Quinze poetas gallecs, 1976; Poesía galaico-portuguesa, 1988; Poesía gallega, portuguesa i brasilera moderna, 1992. Estes dous, nunha colección importante e de amplo alcance popular: Les millors obres de la literatura universal; Vint poemes de Luís Pimentel, 1992, Poemes de Celso Emilio Ferreiro i Luis Pimentel, 1992), que publicaba as súas impresións e comentarios en Papeles de Son Armadans, a revista de Camilo J. Cela onde tamén colaboraron diversos escritores galegos con poemas ou artigos e/ou ensaios. Os seus comentarios sobre libros galegos, así como as súas outras colaboracións nesta revista están recollidos no volume: Josep Mª Llompart, Articles i traduccions a Papeles de son Armadans: (1956-1961) (Barcelona, Publicacions de l’Abadia de Montserrat; Palma, Universitat de les Illes Balears. Departament de Filologia Catalana i Lingüística General, 2007).

Durante a transición, César Antonio Moliña reseñou libros galegos para as revistas La Calle, Ozono e Reseña así como en diversos xornais madrileños, e en Ajoblanco, antes de 1975, publicáronse artigos de Xavier Costa Clavell (quen tamén colaboraba, sobre temática galega, na revista catalá Serra d’Or e con recensión de libros galegos nos xornais La Vanguardia e Tele/Expres, e nas revistas Hora de Poesía, Mundo e Destino) sobre literatura galega e poemas de, entre outros, Xosé Luís Méndez Ferrín e Xoan-Manuel Casado.

Non se inclúen neste «dossier» nin as traducións ao catalán, nin os libros publicados polas Colección Area Longa e Arealonguiña, de Edicións Akal (Madrid), dirixidas por Xesús Alonso Montero por estaren dirixidas, en primeira instancia ao lector galego, como tampouco se inclúen as traducións dos libros narrativos de Álvaro Cunqueiro por seren de fácil localización. E diversas edicións de Cantares Gallegos, de Rosalía (Editorial Anaya, Editorial Aguilar, col. Crisolín, Ediciones Cátedra), así como tampouco a antoloxía poética desta autora que viu lume en 1942 na col. Austral da Editorial Espasa-Calpe, a cargo de Augusto Cortina, e que tivo diversas edicións nos anos 1950-60, por non seren traducións.

Traducción de libros galegos ao español e antoloxías de poesía galega. Unha primeira lista.

 Editorial Aguilar

Obras completas, Rosalía de Castro, prólogo de Victoriano García Martí, Madrid, 1944. (Se ben foi publicado, como sinalamos, antes de 1959. Nesa década se reeditou en varias ocasións.)

Obras completas, M. Curros Enriquez, Madrid, 1956.

Durante anos a editorial Aguilar publicou Antología de la poesía española, coordinada por Luis Jiménez Martos, que non se limitaba á poesía en lingua española, senón que tamén recollía poetas cataláns, galegos e vascos.

Alianza Editorial

Cousas/ Los dos de siempre, tradución de Alberto Míguez, El libro de bolsillo nº 70, Madrid, 1967.

Ocho siglos de poesía gallega, tradución e edición de Andrés Ruíz de Tarazona e Carmen Martín Gaite, El libro de bolsillo nº 385, Madrid, 1972.

Poesías, Rosalía de Castro, tradución, selección e prólogo, Mauro Armiño, El libro de bolsillo, 724, Masdrid, 1979.

Alianza Editorial/Editorial Salvat

Antología, Rosalía de Castro, Selección y prólogo, Basilio Losada. Trad., alumnos del departamento de gallego de la U. de Barcelona, Biblioteca General Salvat nº 6, Estella, 1971.

Amelia Romero Editor

Longa Noite de Pedra, Celso Emilio Ferreiro (Prólogo e traducción, Basilio Losada), El Bardo colección de poesía nº 31, Barcelona, 1967. (Segundo o editor da colección, José Batlló, no libro El Bardo (1964-1974). Memoria y antología, Barcelona, Libros de la Frontera, 1995, foi o libro máis vendido da colección, e que axudou a publicar moitos outros libros, ao non cobrar Celso Emilio nin un can. Nesta colección publicaron libros importantes autores españois como Ángel González, José Angel Valente, Miguel Labordeta, Carlos Bousoño, Gabriel Celaya, Pedro –Pere– Gimferrer, Martínez Sarrión, Felix Grande, Vázquez Montalbán, etc. Era a colección «canónica» da poesía española dos anos 60.)

Editorial Bruguera

Obra poética, Rosalía de Castro, Tradución, selección e prólogo, Benito Varela Jácome, Libro amigo, Barcelona, 1972.

Ediciones Cátedra

Cuatro obras: teatro, relatos, fantasía macabra, A. R. Castelao, Tradución e edición, Xesús Alonso Montero, Letras Hispánicas, Madrid, 1974.

Editorial Ciencia Nueva

Realismo y conciencia crítica en la literatura gallega, Xesús Alonso Montero (volume en que se recollen diversos traballos deste autor, a maioría publicados antes en galego), Los complementarios, Madrid, 1968.

Viaxe ao país dos ananos, Celso Emilio Ferreiro, Prólogo e tradución, Xesús Alonso Montero, El Bardo Colección de poesía nº 45, Madrid, 1968.

Círculo de lectores

La parranda, Eduardo Blanco Amor, Barcelona, 1975

Ediciones Doncel

El acomodador y otras narraciones, Marcial Suárez, El libro de bolsillo Doncel nº 27, Madrid, 1972 (autotradución do libro O acomodador, publicado por Galaxia, foi o único libro escrito en galego por este autor).

Edicusa (Cuadernos para el diálogo S.A)

Farsas para títeres, E. Blanco Amor, Libros de Teatro, Madrid, 1976.

Tamén publicou dous cadernos (en español):

Castelao, VV. AA, coordinado por Xesús Alonso Montero. Los suplementarios nº 58, Madrid, 1975

Lengua cultura y periodismo en Galicia (1876.1936), Gustavo Luca de Tena, los suplementarios, nº 70, Madrid, 1976

E o libro de Alberto Míguez, Galicia: éxodo y desarrollo, Madrid, 1967

Como curiosidade, en 1969 apareceu o «Extraordinario» nº XIV da revista Cuadernos para el diálogo, «30 años de literatura española. Narrativa y poesía española 1939-1969», en que se falaba de todas as literaturas do Estado, agás da vasca. A parte galega estaba asinada por Basilio Losada e Méndez Ferrín: en realidade, escribiuna Basilio Losada, aínda que o encargo llo fixeran a Méndez Ferrín, mais este estaba na cadea e pediulle o favor a Losada. O ano seguinte, na mesma colección «Extraordinarios», publicouse outro número, o XXII: «Literatura española. A treinta años del siglo XXI». Aquí xa non aparecían as literaturas «periféricas».

Editorial Euros

Las musarañas, Eduardo Blanco Amor (autotradución d’Os biosbardos), Barcelona, 1975.

Editorial Itsmo:

Los Gallegos, dirixido por Gustavo Fabra Barreiro, colaboran Francisco Rodríguez, Basilio Losada, Xosé Ramón Barreiro, Antonio Odriozola, etc., Madrid, 1976.

Editorial Júcar

La parranda, Eduardo Blanco Amor (autotradución), col. La Vela Latina

Memorias dun niño campesino, Xosé Neira Vilas (autotradución), La vela Latina, Madrid, 1974

El catecismo del labriego, V. Lamas Carvajal, tradución e prologo de Xesús Alonso Montero, Biblioteca Júcar, Madrid, 1974.

Rosalia, Xesús Alonso Montero, Los Poetas nº 1, 1972, Madrid.

Celso Emilio Ferreiro, Xesús Alonso Montero (2 volumes, un estudo o dous antoloxía), Los Poetas nº, Madrid, ,1982

Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Los poetas nº 8, Madrid, 1973, Madrid.

Nós, Castelao, Prólogo Xesús Alonso Montero, edición nos catro idiomas do estado. Versión catalá: Ricard Salvat; versión éuscara: Gabriel Aresti; versión española: Antonio Buero Vallejo, Madrid, 1974.

Editorial Kriselu (Liburuak)

Catecismo del campesino, V. Lamas Carvajal, trd. Gabriel Aresti e Carlos Martínez Alonso, Bilbao, 1968.

Luis de Caralt Editor

Ilustrísima, de Carlos Casares, trd. Basilio Losada, Barcelona, 1981 (como mínimo, dúas edicións)

Editorial Magisterio español

Literatura gallega. Tesoro Breve de las letras hispánicas, vol., 7. Serie mosaico español II, dirixida por Guillermo Díaz Plaja, Novelas y Cuentos, 159, Madrid, 1975. (Trátase dunha antoloxía da literatura galega desde os seus inicios até os anos 1970. Entre os traductores e antólogos: Basilio Losada, Manuel María, etc.)

Ocnos/Llibres de Sinera

Poetas Gallegos de postguerra, Basilio Losada, Ocnos, serie «Antologías» nº 1, Barcelona, 1971.

(Outra colección de poesía que publicou importantes libros de poetas españois como Francisco Brines, Valente, José María Valverde, Vázquez Montalbán, Leopoldo María Panero, Gil Albert, Guillermo Carnero, José Ángel Valente, etc.)

Ediciones Península

Notas para una antropología del hombre gallego, Domingo García-Sabell, col. Ibérica, Madrid, 1966 (tradución de diversos ensaios publicados en Ensaios I ou en Grial, ou outras revistas)

Plaza & Janés

Poesía gallega contemporánea, Miguel González Garcés, Selecciones de poesía española, Barcelona, 1975.

Antología, Celso Emilio Ferreiro, Selecciones de poesía española, Barcelona, 1975.

Publicaciones españolas

Literatura gallega actual, Javier Costa Clavell, Temas Españoles nº 335, Madrid, 1957

Breve historia de la literatura gallega 1200-1936, Mario Hernández, Temas españoles nº 538, Madrid, 1974.

Nesta colección, en publicáronse Leyendas gallegas, de Enrique Chao Espina; y Hombres de Galicia, de Ramón Fernández Pousa (este último, os homes son literatos ou arqueólogos, etc: Cuevillas e outros)

Revista de Occidente

Tres síntomas de Europa: Joyce, Van Gogh y Sartre, Domingo García Sabell, Madrid, 1968 (tradución de ensaios publicados en Ensaios I e Grial)

Ediciones Rialp

Antología de la poesía gallega contemporánea, Introducción, versión y notas de Ramón González Alegre, Adonais nº CLXI-CLXII, Madrid, 1959, na portada, o depósito legal é de 1958.

Elexías do Caurel e outros poemas/Elegías del Caurel, Uxío Novoneira (autotraducción), Adonais nº 235-236, Madrid, 1966.

Antología poética/ Escolma poética, Manuel María. Estudio, selección y versión de Basilio Losada Castro, Adonais nº 265-266, Madrid, 1969.

De catro a catro, Manoel Antonio (Tradución Miguel González Garcés), Adonais nº 363, Madrid, 1971.

Paso soa de luz, de Miguel González Garcés (edición bilingüe, autotradución), Adonais nº 325-326, Madrid, 1975.

Editorial Seix Barral

Poetas gallegos contemporáneos, Selección, prólogo e traducion, Basilio Losada, Biblioteca Breve de Bolsillo nº 109, Barcelona, 1972. (6000 exemplares de tiraxe. Este volume tivo gran difusión xa que a Caixa de Aforros de Vigo llo regalou aos seus «impositores».)

Aquella gente, Eduardo Blanco Amor (Xente ao lonxe, autotradución), Col: Biblioteca Breve Barcelona, 1976.

Seminario y Ediciones:

El separatismo y unidad. Una mixtificación historia, Eduardo Menéndez Valdés, Hora H, Madrid, 1973 (publicado, en galego, por Galaxia en 1970).

Testimonio Personal, García Sabell, Madrid, Hora H, Madrid, 1971 (textos publicados case todos en galego en diversos números de Grial).

Editorial Zero/Zyx

Antología de la poesía gallega, Manuel Catoira, Madrid, 1972.

Libros galegos traducidos por editoriais non españolas, mais que se distribuíron en España:

Compañía General Fabril Editora:

La Parranda, Eduardo Blanco Armor, col. Anaquel, Buenos Aires, 1959.

Editorial Nova

El secreto del humor, C. Fernández de la Vega (autotradución), Biblioteca Arte y cienca de la expresión, Buenos Aires, 1967.

Éditions Ruedo Ibérico

El pensamiento político de Castelao, antoloxía bilingüe de Sempre en Galiza, seleccionada e traducida ao español por Alberto Míguez, París, 1965. (Baixo man, podía encontrar en certas librarías barcelonesas.)

Monográficos de revistas dedicados á literatura galega

Primer acto nº 129 (dedicado ao teatro galego, inclúe Os vellos non deben de namorarse, traducido por Manuel María), 1970 (Madrid).

Insula. Revista de letras y ciencias humanas. Literatura gallega, nº 152-3, Xullo-agosto, 1959. (Madrid)

La Estafeta Literaria. «Mapa literario de Galicia», nº 320-321 (con engádegas nos catro seguintes números), 1965 (Madrid).

Claraboya. «La poesía gallega», Antología y prólogo de Basilio Losada, nº 16-17 (VII/X), 1967 (León)

Fablas. Revista de poesía y crítica. «Letras gallegas», nº 25, 1971 (Las Palmas de Gran Canaria)

Reseña de literatura, arte y espectáculos, «Cultura gallega», nº 73, marzo, 1974 (Madrid)

E unha curiosidade:

Versiones líricas, Sebastián Sánchez-Juan, Barcelona, Editorial Peñíscola, Barcelona, 1972, en que o autor traduce ao español poetas alemáns, franceses, ingleses, italianos, portugueses, gallegos, xaponeses, cataláns e un ruso e outro latino. Entre os galegos, Aquilino I. Alvariño, Augusto Casas, Manuel Casado Nieto, etc. e un tal Conrado Martín.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *