BiosBardia

O país dos libros en galego

O baile do sol, unha tradición do San Xoán

Miradoiro da Esculca, Ermelo, Bueu.

Nati Rey.

San Xoán pediulle a Cristo

que non o adormentase…

para ver beilar o Sol

o día da súa romaxe.

O baile do sol é unha reminiscencia das antigas celebracións pagás vinculadas co solsticio de verán, nas que se adoraba o astro rei. Antigamente, na mañanciña de San Xoán era costume subir aos montes para ver danzar o sol no abrente do día. Cando aparece o astro pódese ollar directamente, logo cun pano interposto, e para rematar a través dun cristal afumado. A tradición oral tamén conta que as meigas bailan ao ritmo do sol no alborecer do Bautista.

O Padre Sarmiento documentou que no monte da Esculca (O Morrazo) a danza do astro tiña a particularidade de producirse durante o solpor: “É famoso aquel sitio alto da Esculca pola vulgaridade que corre: crese que mirando un dende a Esculca cara ao poñente, e ao tempo de pórse o sol, vese o mesmo sol como que está bailando sobre as augas do océano. Esta circunstancia ocasiona que non poucos vaian a Ermelo e suban á Esculca para ver dende alí como baila o sol e se chapuza”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *