BiosBardia

O país dos libros en galego

O consultorio sentimental de Álvaro Cunqueiro

Álvaro Cunqueiro.

Eva Moreda.

Aínda admitindo de entrada a miña ignorancia, dáme a impresión de que un dos aspectos menos coñecidos da obra xornalística e circunstancial de Álvaro Cunqueiro na posguerra ao servizo do culturalismo falanxista son as súas achegas a Y. Revista para la mujer, unha publicación, como xa o título suxire, da Sección Femenina. Antonio Reigosa fixo aquí unha breve panorámica dos artigos, pero penso que o tema pode dar para un pouquiño máis, e sobre todo a incursión de Cunqueiro na consultoría sentimental que Reigosa nomea tamén.

A lectura de Y (1938-1946) pode ser unha experiencia tremenda no sentido literal da palabra. Temos, por suposto, seccións de cociña, moda, protocolo, consultorio (inicialmente dedicado non só aos asunto sentimentais, senón tamén aos trucos domésticos, de beleza, etc.), etc. Estas, se cadra, son as menos interesantes, por esperadas. Xa teñen máis interese os artigos literarios, artísticos, político ou de opinión, porque aí Marichu de la Mora (directora da revista) ocupouse de recrutar os nomes máis destacados do falanxismo cultural: Agustín de Foxá, Alfredo Marqueríe, Antonio Tovar, Edgar Neville, Jacinto Miquelarena, Dionisio Ridruejo, e aí tamén podemos enmarcar o noso Cunqueiro como xornalista e escritor novo e prometedor na altura (as datas e a natureza dos artigos, poucos, xa os dá Reigosa no enlace de arriba).

Mirando para estas dúas liñas editoriais paralelas, poderiamos interpretar que esta é basicamente unha revista de ángel del hogar con algúns artigos a maiores para que as señoras absorban algo de cultura (da man, case sempre, de señores) nos tempos que lles queden libres do coidado da casa, os fillos e o marido. Isto non sería de por si incorrecto, pero hai outras pezas que suxiren unha posibilidade que vai un pouco máis aló e é un pouco máis tremenda. Reparemos nos títulos: “La casa del Führer en los Alpes Bávaros” (número de abril de 1938; ilustrado por fotografías de interiores que lembran as reportaxes do Hola), “¿Qué hacía usted mientras su marido se alzaba en armas?” (xuño de 1938). Son tremendos porque veñen ilustrar un fascismo que entra, literalmente, ata a cociña: os consellos para levar os fillos ben criados, ao cabo, pode darchos case igual unha fascista ca unha propagandista católica ca mesmo unha reformista liberal; aquí, en cambio, o fascismo convértese non só nunha causa pola que morrer ou ir á prisión (logo xa veremos máis) así en abstracto, senón nunha cuestión de lifestyle que permea a vida toda dunha desde o máis elevado ao máis pedestre. Unha idea que teño para min que, no conxunto da poboación española, quedaría en pretensión máis ca en realidade, non sendo nos propios círculos da elite da Sección Femenina, onde a xente si que tiña un lifestyle como tal e non se dedicaba á pura supervivencia.

A pregunta que responde Cunqueiro no consultorio sentimental paréceme que vai tamén por aí. Estamos xa no número de decembro de 1939: nesta altura ocórreselle á revista que en vez de lle encomendar o consultorio a unha agony aunt feminina calquera, os temas sentimentais van pasar a ser tratados, en quenda, polos ilustres poetas e escritores en nómina da revista. A Cunqueiro escríbelle unha autoconfesada camisa vieja, que di ter sido encarcerada polas súas ideas na Segunda República, e que anda en relacións cun rapaz que foi denunciado por rojo na guerra, aínda que, segundo di ela, “por envidia y mal querer”. Así e todo, non debía estar moi segura a rapaza de que fose así a cousa, porque lle escribe a Cunqueiro que “a pesar de ser muy buen chico tengo algo de temor por si luego no sería de mis ideas y chocaríamos con frecuencia”. Aquí cabería preguntarse se a pregunta é real ou se a inventaría a redacción, como seica adoita suceder neste tipo de consultorios; sexa como sexa, paréceme a pregunta –pero non resposta– representativa do fascismo como lifestyle do que falei antes: polo fascismo vaise á prisión e está ben; agora, o difícil é conciliar as ideas fascistas dunha cunha cousa tan de día a día como é a busca de parella.

A resposta ao dilema, polo contrario, paréceme –a min, que non son experta– moi cunqueiriana. Reprodúzoa aquí na súa integridade (xunto coa pregunta pode lerse tamén aquí) para que poidan xulgar os lectores:

«El amor es un mundo que tiene sus razones y sus sinrazones y a él hay que atenerse, aceptándolo tal y como es cosa sin remedio. Cuando se escribe: “es un buen chico, pero tengo algo de temor por si luego no sería de mis ideas y chocaríamos con frecuencia”, o son ganas de hablar o poco amor hace la ronda en ese caso.

»En la novela griega hubo dos épocas, si nos atenemos al concepto del amor. O se casaban las gentes en un repente y luego se disparaban enojos por un quítame allá esas pajas, o tardaban siglos en poder encontrarse y llegar a conyugo. Siempre era la mujer —en el primer caso— la que pretendía convencer al marido de la excelencia de ciertas plumas, de lo sabroso de tal licor o de la hermosura de tal reino y sus políticas. No hay noticia de victoria femenina en ningún caso. No recomiendo, pues, el: “¡Cásate y lo convencerás!”, porque el hombre gana.

»Lo que se juega siempre, amiga, es el corazón. Aun cuando brinque por un nada, hay que escucharlo. Es la única seguridad del hombre mismo cuando lucha por salvarse. Es verdad que no vale nada la fe si no va acompañada de la caridad. Ya sé que cuando te preguntas si será de «tus ideas», quieres decir tus ideas políticas, ¡si yo te dijera que nadie tiene ideas políticas cuando está enamorado!… Cuando hay amor, ni todas las maravillas del mundo y sus islas llegan a mover los ojos de los ojos, las manos de las manos y los castillos del aire. Y cuando el sofoco, se pasa y vienen las bodas, y la luna de miel deja lugar al solar de la vida cotidiana, el vivir se llena con vida y no con política. Ya sabes que la mejor política es aquella que menos gente usa para aconsejarla y para discutirla. Tú a tu vida, al amor y a la casa, a los hijos fuertes y cabales, fieles a Dios y a la condición española. “Vida honesta no es tiempo perdido”, dice un dicho viejo. Y yo no veo vida honesta —in omnia charitas— entre hombre y mujer sin un claro y leal amor. Amor vale, en etimologías, por entendimiento».

7 thoughts on “O consultorio sentimental de Álvaro Cunqueiro

  1. Moi ben o artigo; ora cómpre lembrarmos que nesa mesma revista, Felipe Fernández Armesto, “Augusto Assía”, que fuxira de Alemaña cando a subida de Hitler ao poder, xa que os nazis querían a súa “pel (á parte de estar casado cunha muller xudía), publicou, no nº 6-7, xullo-agosto 1938, p.63-64, a toda páxina e con fotos ad hoc, un “esplendoroso” artigo: «Yo he visto al Fhürer acariciar a los niños»

  2. Grazas por esta vía nformwcion. Son bastante ignorante nestes medios media. Grazas a Reigosa por sacar ese texto. Naturalmente estou de acordo contigo, Eva, no relativo a q merece moito máis comentario. 1939, q medo!. Ese contexto, esa publicación.. Todo é traxedia! E Cunqueiro cunqueiriano, Shakespeareano. Quen fai a pregunta, esa muller, por q pregunta? Para q? A resposta cunqueiriana , Shakespeareana, e cálida, nesta ocasión. Nada de fascismo, nada de ideoloxías, unha vez máis… Cunqueiro non era fascista Asistín con horror ao boicot do doctorado de Cunqueiro nos oitenta. Consignas e autoritarismo ignorante desaprobaban a súa lectura fronte aos auténticos salvadores desta bla bla..Deixei aí militanciads e ideoloxías, consignas. Naturalmente sigo con simples ideas políticas. Eva: es moi valente, ademais de intelixente. Sorte. Vou seguirte

  3. Se el estivo en Donostia desde o 38 antes de ir pra Madrid ao fin da guerra, aventúrome -tamén sen eu ter puta idea-, a apostar a que a pregunta é inventada por Cunqueiro. Eses tempos verbais son típicos da mente vasca traducindo pra o español; ten toda a pinta de que os chanta como vulgarismo á procura de realismo e mascarar a invención (un trolleo moi típico nel, se fose espertallón diría canónico).

    1. Perfecto…de acordo.colabora na revista e réxime, favorecendo o perdón dos sinalados polo mesmo. Apela, para xustificarse, á caridade, á salvación polas obras fronte ao luteranismo etc… Sabio e escurridizo

  4. Perfecto…de acordo.colabora na revista e réxime, favorecendo o perdón dos sinalados polo mesmo. Apela, para xustificarse, á caridade, á salvación polas obras fronte ao luteranismo etc… Sabio e escurridizo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *