O minimalismo de Tallón
Nas próximas semanas sae á venda Salvaje oeste, a última novela de Juan Tallón que vai publicar Espasa. Unha historia de máis de 500 páxinas que quere ser un fresco sobre a España actual. Un xiro narrativo na traxectoria dun dos máis orixinais escritores e xornalistas de Galicia.
Manuel Veiga Taboada.
A min gústame Juan Tallón. Sempre quedo contento despois de lelo. En primeiro lugar porque ten graza, pero sobre todo polo minimalismo que cultiva nestes tempos de esaxeracións. Esa prosa que Tallón escribe, en periódicos ou en twitter, mentres observa como xira o bombo da lavadora, alegra o día, pero ao final sospeito que oculta un acto de insubmisión.
Imaxina que un periódico de Madrid te manda de enviado especial a Barcelona e, en vez dun parte de guerra, traes a lista de produtos veganos que viches no supermercado. Os mesmos produtos, por certo, que encontrarías nun supermercado de Madrid ou de Sevilla. Seguro que o redactor xefe, en lugar de entendelo como unha alusión implícita á unidade nacional de mercado, pensaría que se trataba dun acto de insubordinación. Na crónica do super faltaba “ardor guerrero”, que dicía o himno da mili e que Muñoz Molina usou para titular un libro.
A falta de ardor guerrero de Tallón non sei se é politicamente grave ou suficiente para mandalo a Estremera. Pero o que si é seguro é que me lembra o teatro do absurdo e a Beckett e o obxectualismo do Nouveau Roman e a crenza de Theodor Adorno de que non se podía escribir poesía despois de Auschwitz. Toda esta estética cultural, case nihilista, que pon en dúbida a voz narradora, ten a súa orixe e a súa razón de ser na crise ética provocada pola II Guerra Mundial. Era difícil crer no ser humano despois daquela matanza.
Agora, a outro nivel, Tallón parece dicirnos que, ante a esaxeración dos telediarios e ante a taquicardia das redes, a maneira de protestar, de cuestionalo todo, non é poñerse á súa altura senón baixar o volume. Un acto de frivolidade ante a guillotina convértese nun aceno transcendente.
Tamén pode ser que na cabeza de Tallón non haxa nada diso. Que el sexa só un relativista, que o único que pretende é non molestar co seu humor branco.
Aínda así, ollo co humor branco en tempos belicosos! A Gila estiveron a punto de fusilalo nos dous bandos. Por sorte sobreviviu para lembrarnos que a guerra e os problemas dun neno no patio dun colexio poden ser, desde un punto de vista filosófico, igual de pouco importantes.
que ben explicas por que nos gusta tanto Tallon!
Feliz ti, amigo Manuel, e felices tod@s vós, que podedes ler tranquilamente e falar de libros, porque o que é outros estamos fóra de xogo libresco desde hai tempo por ‘culpa’ do procés, que nos ten enguedellados e non nos deixa desabafar. Non o sabes/sabedes ben. Cada un é cada un e colle as cousas á sua maneira, que non ten porque ser a dos demais. En fin, que por aquí teño o teu TODO SER HUMANO É UN RÍO e tantos outros, mesmo bolsas de libros mercados no verao e no Nadal no meu povo e aínda sen abrir. Haberá que confiar en termos outra(s) vida(s) para seguirmos coa leria leitora. Con dicerche que teño a maioría dos artigos aquí publicados aínda sen ler… Agora case só leo diarios dixitais cataláns, que hai unha chea deles e mui bons, e estoume facendo un experto na lingua da Rodoreda. Deixei o “crepuscular”, que ben sabes, e agora teño entre outros “Vaiche boa, Vilaboa”, para aquelas “trapalladiñas” de trincheira. Hai tempo tamén que non vexo ao Xesús. Unha aperta.
Manuel, un dos diarios dixitais que leo habitualmente e por onde ando é El Nacional.Cat (https://www.elnacional.cat/), do que te supoño informado. Por exemplo, neste artigo do Jordi Galves (https://www.elnacional.cat/ca/opinio/jordi-galves-acusat-delicte-odi_244617_102.html), un dos habituais do tal xornal, que está acusado de delito de odio por ‘culpa’ dun artigo. O “Vaiche boa, Vilaboa” funo deixando atrás e agora e agora ando no “Torquemadas espanholistes”, como podes ver. Vai abaixo de todo do artigo e alí verás as páxinas de comentarios. O primeiro dos meus creo que está na p. 4 e é este:
Torquemadas espanyolistes: Senyor Galves, tot el meu respecte i solidaritat per vostè i les seves opinions. No podran amb nosaltres, no tenen res a fer, estan acabats, són uns inquisidors fracassats i el temps els posarà on es mereixen, que no és un altre lloc que les clavegueres de la història. El problema és que no els agrada com penses, com no els agrada com pensen els presos i exiliats i, en general, com pensem, opinem i votem els 2,1 milions d´independentistes. I aquest és el seu gran fracàs i impotència.
Fíxate que sempre que podo e me parece pertinente meto algo de NÓS, como neste mesmo artigo, que metín o caso da Adela Figueroa (A DENUNCIANTE DAS FUNCIONARIAS GALEGÓFOBAS), o artigo do Fernán Vello sobre este caso en El Progreso, e acabei dedicándolle ao Jordi Galves o da “lingua proletaris do meu povo” do Celso Emilio. Un vai facendo o que pode por estes e por aqueles. Outros xornais dixitais cataláns que non debes/debedes perder son: VilaWeb, El Món, Naciódigital, directe!cat, Racó Catalá, NÚVOL (este é mais de literatura), etc, etc, etc. Faime caso e BÓTALLE UNHA OLLADA, e o mesmo lle digo ao Cequelinhos, que por alá anda, polo meu povo, e a tod@s vós. E se non me facedes caso, pois alá vós, que queredes que vos diga. E por hoxe xa cumprín, que carallo. Unha aperta.
Non me quentes, non me quentedes, porque… Tranquil@s, xa acabo. Este sábado pasado, Martín Pallín estivo no programa FAQS de TV3 e bordouno: ‘[VÍDEO] La magistral lliçó de dret de Martín Pallín que fulmina tota l’actuació de Llarena’ (https://www.vilaweb.cat/noticies/lex-magistrat-del-suprem-jose-antonio-pallin-diu-que-la-separacio-de-poders-esta-en-perill-a-espanya/). “El magistrat emèrit del Tribunal Suprem espanyol José Antonio Martín Pallín va dir ahir al programa ‘Preguntes freqüents’ de TV3 que atribuir delicte de rebel·lió als polítics catalans empresonats ‘no té ni cap ni peus’…” O programa FAQS de TV3 fulminou “La Sexta Noche” (aínda a botan?, que cousa mais sinistra e anacrònica, co Inda aquel e co Marhuenda da Razón de Estado), como TV3 en xeral fulminou en cualidade e audiencia o resto de TV espaÑolas, e por iso a queren esmagar, como xa están facendo, intervíndoa económicamente, etc. Isto do Pallín, copieino do VilaWeb, que pode que sexa un dos mais interesantes dos dixitais cataláns aos que me referín antes. Que teñas e teñades un bon día.
A literatura e a política teñen velocidades diferentes, por iso non son doadas de compaxinar.
Grazas por dar pistas de por onde andas.
Algo de Cataluña imos pillando, a maiores da propaganda de aquí. Os calificativos na prensa equivalen os antidisturbios na rúa.
Aperta grande.
O que é doado de compaxinar é que os mesmos “demócratas” que se indignan pola demanda dun referéndum da maioría do pobo catalán falan da imposición do galego en Galicia…e é que a ignorancia e a intolerancia son o sello de identidade do imperialismo fracasado. Saúdos!!