O Teamdalos gaña a I Copa Biosbardia por un voto
Tras tres excitantes xornadas, O Teamdalos impúxose a Botánica Aplicada por un axustado 5-4. O punto decisivo decidiuse no derradeiro voto do último membro do xurado que quedaba por escoller, polo que non puido xerar máis emoción.
O Teamdalos estivo composto por Lois Z como capitán, Carlos Vega como subtenente e Raúl Pérez como recruta. E logrou a vitoria final a pesar de que perdera os parciais das dúas primeiras xornadas (1-2, 1-2) fronte a Botánica Aplicada (David Botana —capitán—, Fran Fernández Davila —subtenente— e César Lorenzo Gil —recruta—), que quedou sen puntuar na derradeira e decisiva semana de competición (3-0).
As clasificacións quedaron así:
O Teamdalos | 1 | 1 | 3 |
Botánica Aplicada | 2 | 2 | 0 |
Conto de Nadal (Lois Z-O Teamdalos) | 0 |
Vernichtungsbefehl (César Lorenzo Gil-Botánica Aplicada) | 5 |
Miña mamá (David Botana-Botánica Aplicada) | 1 |
O truco (Carlos Vega-O Teamdalos) | 4 |
Passengers (Fran Fernández Davila-Botánica Aplicada) | 3 |
Ohana (Raúl Pérez-O Teamdalos) | 2 |
Os nihilistas (David Botana-Botánica Aplicada) | 1 |
Suástica (Raúl Pérez-O Teamdalos) | 4 |
O monstro e a flor (Lois Z-O Teamdalos) | 2 |
Urania (Fran Fernández Davila-Botánica Aplicada) | 3 |
A sauna (César Lorenzo Gil-Botánica Aplicada) | 4 |
Pai Lúa, Nai Sol (Carlos Vega-O Teamdalos) | 1 |
Cabeza de gamba (Lois Z-O Teamdalos) | 3 |
El (David Botana-Botánica Aplicada) | 2 |
Trufas (Carlos Vega-O Teamdalos) | 3 |
O gume aceitoso dun prato (Fran Fernández Davila-Botánica Aplicada) | 2 |
14/05/1994 (Raúl Pérez-O Teamdalos) | 4 |
Terminator (César Lorenzo Gil-Botánica Aplicada) | 1 |
A emoción foi total na última xornada. O Teamdalos precisaba facer un pleno de vitorias para levar o título. O primeiro punto conseguiuno folgadamente Raúl Pérez. Custoulle máis a Carlos Vega levar o voto decisivo no seu duelo con Fran Fernández Davila. Cando só faltaba por votar o xurado Guillermo Rodicio, todo estaba no aire. 4-4 no global, 2-2 no duelo entre capitáns. Coma nun deseño perfecto, superior en todo ao tetris de contaxe creativa do Benidorm Fest, un único voto decidiu o duelo e o torneo a favor d’O Teamdalos, que consegue deste xeito a I Copa.
A organización agradece o esforzo e xenerosidade do xurado formado por Érica Couto, Tensi Gesteira, Sabela González, Eva Moreda e Guillermo Rodicio. E felicita especialmente os vencedores, sen desmerecer a Botánica Aplicada, que só entregou o triunfo no derradeiro alento.
Raúl Pérez, o máis decisivo
A Copa tamén destaca o Xogador Máis Decisivo, que foi o recruta Raúl Pérez, quen debutaba nunha competición en Biosbardia e cuxo rendemento, tal e como se pode ver na táboa, foi sobresaliente. Como houbo empate co segundo clasificado beneficiouse de pertencer ao equipo gañador para levar a vitoria.
Xogador | Votos a favor | Votos en contra | Vitorias |
Raúl Pérez (O Teamdalos) | 10 | 5 | 2 |
César Lorenzo Gil (Botánica Aplicada) | 10 | 5 | 2 |
Carlos Vega (O Teamdalos) | 8 | 7 | 2 |
Fran Fernández Davila (Botánica Aplicada) | 8 | 7 | 2 |
Lois Z (O Teamdalos) | 5 | 10 | 1 |
David Botana (Botánica Aplicada) | 4 | 11 | 0 |
A organización quedou satisfeita co resultado desta experiencia competitiva e é posible que volva celebrarse no 2023 con novidades, máis fases e novos equipos.
Grazas a todas e todos os membros do xurado polo seu desinteresado traballo nestes tempos duros para tal función. Sen vós non sería posible que estes seis túzaros literarios puidésemos tirarnos relatos ás cacholas. Pola miña parte agradezo moito os votos a favor e aínda máis os argumentos en contra, dos que sempre tomo nota para aprender. Unha queixa é un regalo.
Parabéns ao Teamdalos, Raúl, Carlos e Lois, por tan apertada victoria. Teño a sensación de que puido gañar calquera dos dous equipos e que a cousa decidiuse por un pelo de bolboreta.
Parabéns tamén aos meus compañeiros de equipo: César e David. Foi un pracer compartir con vós o proceso creativo.
Parabéns aos gañadores! A verdade é que estivo divertida a cousa, eu pido desculpas polos votos da última xornada, fun polo aire e non din para máis.
Esta análise encantoume e gústame ver se acertei coa autoría de certos relatos. Sinceramente, teño certo vicio con detectar a David e a Carlos, pero o reto máximo é localizar a César e Fran, tarefa imposible, jajaja.
Apertas a tutti!