BiosBardia

O país dos libros en galego

Pasar á acción

'Kermese', de Maruxa Mallo.
‘Kermese’, de Maruxa Mallo.

MANIFESTO POR UN SURREALISMO CIENTÍFICO (II).

Colectivo RSU (Residuos Sólidos Umanos).

  1. Dado que só temos un corpo, compórtate coma se o teu fose sagrado e non o poñas ao alcance dos antidisturbios.
  2. Deixa que te espíen. Escribe algo que os faga pensar.
  3. Se os directivos das empresas traballan en equipo e os médicos traballan en equipo, por que necesitamos un líder único?
  4. Non impoñas o teu camiño pero confía na túa audacia.
  5. Non uses a violencia porque é o que están esperando.
  6. Os inventos causan asombro pero non quedes todo o día asombrado.
  7. Non cres que se pretendemos cambiar o mundo, o lóxico sería empezar por estas catro miserábeis provincias?
  8. O temor secreto a que o adversario te convenza non debe impedir que te fagas preguntas.
  9. Aprende do inimigo. Se che gaña non é porque sexa máis forte senón porque sabe máis ca ti.
  10. Desconfía dos que din que todos imos no mesmo barco pero viven nunha capital que non ten mar. Non saben de que falan.
  11. Non penses como un filósofo que parte do abstracto. Pensa como un científico que parte do concreto e, sobre todo, actúa como un artista: crea algo novo.

E non esquezas que:

  1. A xustiza ten unha venda nos ollos pero acepta presións por teléfono.
  2. Se aumentan as horas de traballo, diminúen as horas de liberdade.
  3. Se as linguas só servisen para comunicar, todos falariamos esperanto.
  4. A II República creou escolas no campo pero alí non ensinaban a mellorar a agricultura.
  5. Todos os que defenden a liberdade de expresión fano coas mesmas palabras.
  6. A clase media é o árbitro que se interpón entre dous boxeadores.
  7. Incluso a xente que cre no Máis Alá dá empuxóns nas Rebaixas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *