‘Podcast do Arrabaldo’, nova sección de Biosbardia

Meses despois da estrea da sección ‘Conversas Biosbardia: Os oficios do libro’, que patrocina a libraría Cartabón, chega agora outro espazo audiovisual: ‘Podcast do Arrabaldo’, que reúne a escritora e crítica Eva Moreda e mais o crítico e profesor Javier Nogueira en conversas ao redor da literatura.
O primeiro episodio ten como mecha o famoso “centro” do sistema literario galego e provoca interesantes reflexións sobre as peculiaridades da literatura galega, mais tamén as súas similitudes con outros mercados culturais do seu ámbito.
O podcast non terá unha periodicidade definida (polo momento), pero nace con vontade de continuidade.
Esta sección pode seguirse, coma de costume, nas plataformas Youtube, Spotify e iVoox.
Durante o 2025 prevemos abrir en Biosbardia novas canles multimedia que enriquezan os contidos habituais da revista dixital. A diversidade de voces e de temas é, coma desde o 2014, unha das marcas da nosa identidade como medio de comunicación de actualidade e debate literario.
https://open.spotify.com/show/21IyOdUqxqengDSjmF5kTK