‘Red Flag’ vs ‘Holorealidade’
Xornada 7 e derradeira da Liga da Primavera 2022. Duelo entre Carlos Vega e David Botana.
Traba: O relato non pode conter as letras C, M, P, T e V.
Red Flag
—😶✋⛔
—😦?
—😟…🤔
—😥😰
—😠🔞¿ 👩🦰?
—😐😐😭
—🤬🤬🧑=🐒
—🙇😭🙇
—👩👩🦱👩👩👩🦱👩👉👩🦰👈👩🦱👩👩🦱👩🦱👩👩👩🦱👩???
—😭👫❤❤👸🌸🌸🌼💓👩💓🌻🌹🌸🌸🌸😭
—🤢🤢👉💩
—😡👩<👩🦰¡
—😶😶😶😵😡👿😈🪓
—😱🏃🏃
—👁👄👁
—🩸🪓🪓🪓
—🤮🤮😭😭😔🤔🤫
—💀
-👩💪⚰🕳⛺
—🚨🚨
—😨🤥
—🕵🕵🧑?
—🤔🧑 ✈🇪🇸-🇧🇷?
—🆗🕵🕵️♀️👋
—🗓🗓🗓🗓🗓🗓
—🕳
—…👩
—🕳
—🦻
—🕳
—👀👩😨
—🕳
—👁
—👻
—😱😱😱😱😱😱😱
—👻 🧑 🩸🪓🪓🪓⛓
—👩 🏃♀️ 🏃♀️ 🏃♀️ 🚊
—👻 🧑 🩸🪓🪓🪓⛓
—👩 🏃♀️ 🏃♀️ 🏃♀️ 🚅
—👻 🧑 🩸🪓🪓🪓⛓
—👩 🏃♀️ 🏃♀️ 🏃♀️ ✈
—👻 🧑 🩸🪓🪓🪓⛓
—👩- 🕐 – 👩🦳
—👻 🧑 🩸🪓🪓🪓⛓
—👩🦳 🙁😓🛑
—👻⏳⏳ ❤ 🔗 💍
—👩🦳 ❤😦⏳?
—👻❤
—👩🦳❤
Holorealidade
…brzzrrrss… biiii… Xoga o Kelka en Balaidos e non gaña. Non hai gol nin quiniela e dá igual. Ana, disque. Bísbao nun riso e sabes que a queres… brrrzzsss… biii… ERRO INES… biii… abre os ollos e fas que dornes. Kafé, zigarro e zinkozenbrsss… talabras de konfesións. Fala da aldea e bagoxa, na radio soa a que será a kanzión. Bailas kona un taiaso, borras as súas bágoas, fala rir e xa só… brrrrzzzsss… biii… SUXEI_O EN _ERIGO… brrrzzsss… biii… _eñada? Non queres un neno, eres un neno, un neno non debe _er nenos. Ela di que non o quere, non _edes _ar_os, nin onde _rialo. Fala sen di_ir o que berran seus ollos, dis o que _es que di_ir… brrrzzssss… biii…. PRELADO VEGA… PERIGO… brrzzsss… biii… O neno é Lois, ollámonos e non nos vemos… brrrzzsss… biii… A HOLOREALIDADE SOÑA… brrrzzss… biii… Beeela dirixe e berra e ordena e déixanos quedar. Beeeela quere o neno. Beeeela norre… brrrzzsss… O NENO NIRA… lébala á _oruña, onde quería, _endedes a kasa de Kesárea e agades a cociña do catálogo, bran_a e negra, _omo quería. Ten _odo o que quería, e inda así non ri… brrzzsss… biii… LOIS… fala de deixalo. Abres o gas da kociña por _rineira e úl_ima… brrzzsss… biii… biii… EXPULSANDO O PRELADO VEGA DA SIMULACIÓN…
Red Flag
moi orixinal esta forma de evadir a traba. entra no duelo un xa con ganas de votarlle.
Como se comenta un relato escrito con emojis? Non vou poñer un comentario con emojis, tranquilos. Outra pregunta: como se recibiría un segundo relato con emojis? seguiría sendo orixinal? acaso só se pode usar esta tecnica unha vez na vida? que estamos xulgando aqui realmente, a idea ou o relato? Para que pregunto, neste momento e neste lugar non é posible valorar un sen o outro.
o relato comeza cunha prohibicion. Por algunha razon, poida que por ser ela menor, o protagonista non pode iniciar unha relacion (que remata en boda) coa rapaza de pelo vermello e remata cansando con outra.
Pero non está contento coa sua vida e dille claramente á súa muller que prefire a outra (poida que incluso lle fose infiel). A muller reacciona mal e matao (el tenta fuxir pero ela atrapao).
Tras isto ela sintese mal pero non quere ir á cadea, asi que esconde o cadaver, mintelle á policia e escapa a Brasil.
Aqui teño qeu dicir que o protagonismo cambia de el a ela, e iso é algo confuso. Ou sempre foi ela? Penso que teria sido mais doado comezar directamente coa boda e despois meter o pecado nese contexto. Porque o inicio é longo, 8 liñas, e sen outras referencias anteriores mais claras non é doado situarnos.
Volvendo á historia, despois pasa o tempo (moi bo o dos calendarios, pasan 6 anos?), e presentasenos ese buraco do que sae un son e algo que perturba á muller: a pantasma do seu home morto, que a persegue durante moito tempo (ela escapa e el seguea), ata que ela se fai xa vella e deixa de fuxir.
O final semella unha reconciliacion pero non estou seguro de como se produce. Proponlle matrimonio a pantasma? Pero non estaban xa casados? Pode ser que a liña do casamento de antes fose unha proposta e non un feito? Pode que a prota fose sempre ela desde o comezo e que fose todo unha unica escena ata o asasinato.
Para comentar mais a fondo o relato teria que estudiar ben todo o catalogo de emojis e ver se o autor puido ter elexido outros mellores. Sería simpatico pero non o vou facer, ademais hai xa tal variedade de emojis dispoñibles que poderia contarse a mesma historia sen usar ningun dos que este autor empregou no relato.
Holorealidade
O prelado Vega está conectado á holorealidade coma schwarzenegger en desafio total? Se é asi resulta que se lle está indo das mans o soño. el sería o autor (no que á sua vez estaba inspirado Fran) e teria chegado a un nivel de estres tal que está considerando suicidarse levandose a toda a familia por diante. É esa a razon de que a holorealidade pete? porque esa morte violenta poria en perigo ó suxeito que a soña?
Fran (ou o autor, mais ben) non logra manter o riso de Ana. Ese detalle aparentemente tan nimio vai facer que toda a holorealidade se veña abaixo, vai facer que o universo se enfrie e morra e que outro novo comece nun BIG BANG de gas. O riso de ana está morto, diría Nietzsche.
vaia duelo. creo que representan ben cara onde se está movendo o torneo co tema das trabas.
Se antes dixen que era imposible valorar a historia de Red flag sen valorar a sua orixinal forma… non deberiamos valorar enton neste relato a idea de escribir unha historia maior a traves de todos os relatos do torneo e conectandoos?
Voto por Holorealidade. Ambos relatos teñen un valor que vive á marxe da historia que conteñen. Por tanto, podendo votar libremente pola idea de escribir un relato con emoticonos ou de escribir 6 relatos conectados formando unha historia maior, decántome polo segundo, porque ademais de boa idea, o resultado me agradou moito. O “resultado” de Red Flag tamen me agradou pero a súa historia (o argumento que logrei descifrar) ten un pouso menor que a o da rede que teceu o seu rival durante todo o torneo.
Dous relatos moi distintos. Un coido que deu cunha tecla mestra.
Red flag
Recoñezo que intentei facer como Lois, descifrar cada símbolo coma se fose un xeroglifista. Pero sempre me perdo a medio camiño e renunciei. En efecto, a cuestión é se o camiño do autor deste relato é unha desas vías que unha vez transitadas xa non se poden volver usar. Supoño que xa antes ca el alguén construíu unha historia usando as imaxes do Whatsapp (sei que se usan noutros contextos, pero foi o Whatsapp a aplicación que as consagrou como xeito de comunicación), pero na microhistoria deste microcampionato coido que é a primeira vez, e ademais usounas para sortear a traba das letras prohibidas. Recórdame a cando Iago Aspas lle marcou ao Barcelona un gol de falta directa esperando a que os defensas da barreira saltasen para aproveitar o baleiro entre o céspede e os pés deles. Non foi o primeiro, pero creou escola, até o punto de que agora as defensas deitan un xogador detrás da barreira para impedir ese tipo de lanzamento. É dicir, o autor e ‘Red flag’ gastou unha bala de prata e xa non hai onde comprar outras, pero pagou a pena. Porque aínda que eu patine unha e outra vez entre monecos, ese mesmo percorrido azaroso no texto non texto ten xa unha carga artística que fai única a proposta deste autor, que a converte en inesquecible para o lector. É algo así como ler Finnegan’s Wake. Sabes que xogando ao xogo de Joyce non hai xeito de gañar, pero dáche igual, porque o interesante é poder xogar.
Holorealidade
O autor deste texto renunciou ás trabas. Nin sequera as cumpre sempre do mesmo xeito. A única fidelidade do autor é cara ao macrotexto que iniciou na primeira xornada, pero coido que é un macrotexto falido. Primeiro porque este é un campionato de relatos, non de capítulos, polo que a avaliación sempre vai ser fragmentaria e nese molde cabe mal un relato que se vai construíndo xornada a xornada fronte a quen creou un universo diferente para cada xornada. E segundo porque calquera texto necesita un ton, aínda que as pólas estean moi lonxe do tronco, o lector necesita ver que hai seiva en cada capítulo. Dito isto, non é cousa nosa facer un comentario ao todo, é un exceso que me permito porque a liga acaba e agora é o momento de poder facer balance. Sobre este relato, concretamente, coido que lle falta o que lle sobra ao seu rival: esa capacidade de rompernos os esquemas. Non deu coa tecla mestra e o resultado parece unha especie de azaroso resumo encriptado para librar da traba, pero sen base dabondo para ficar connosco un segundo despois de chegar ao punto final.
Voto por ‘Red flag’
“Red flag”. Síntoo. Non entendín ren. É un código que se me escapa e do que procuro fuxir.
“Holorealidade” Algo máis vou pillando, pero tampouco moito.
Voto, con reservas, por “holorealidade”.
A verdade é que foi moi complicado entender algo nos dous textos.
‘Red Flag’: Supera a traba dun xeito moi orixinal, o problema que lle vexo é o difícil que é seguir o fío chegados a un punto.
‘Holorealidade’: Fáiseme tamén demasiado confuso, co engadido de que me parece menos orixinal que o seu rival.
Voto por ‘Red Flag’.
Dous enredos que non dou dixerido. Aquí había barreira, aínda que non barreira abonda. Había que esforzarse. Era realizable.
Red Flag
Orixinal a ful. Funda un xénero. Unha fazaña. Agora ben, de non ser o Lois, non agarraría unha. Fállalle a base: que se saiba de que fala.
Holorrealidade
Algo de engano hai aquí. Elude, arrodea o desafío. Non o lida. Aínda así, hai algo de senso no que di.
Eu doullo a Holorrealidade.