BiosBardia

O país dos libros en galego

Retorno ao amor gótico

Retorno ao amor gótico. SOFÍA BATOVAZ CAMPOS.

Ana Lorenzo Blanco.

Arredor da carencia do sol son Lucy Westenra. No estado da vixilia son ela, deitada no profundo das mantas, arroupada coa imaxe da chegada…

Descansa nos días sen lúa o espírito que adormece comigo. Agárdote pola noite, vello mariñeiro. Navega só na tormenta, atravesando a corrente sanguínea alén dos pobres individuos do mar.

Quero redimirme á túa morte, corpo vivo da noite.

Traslado as miñas memorias neste poema.

Si, lírica contradición da prosa desmedida. Escribe os pesadelos da lonxitude, da magnitude de vida que non expresan os teus ollos.

Se do teu alento escoito o bater do meu peito…

Durmo na contradición de atoparte. Redivívote na mente, Nosferatu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *