Sant Jordi 2023: As vendas de libros seguen aumentando

Xesús González Gómez.
Unha semana antes de Sant Jordi, o Gremi de Llibreters de Catalunya facía unhas declaracións exultantes profetizando unha «diada de Sant Jordi» sen par, que rompería todos os límites. Se o pasado ano as vendas superaran nun 1,5% as do ano anterior á pandemia (2019), chegando a unha cantidade aproximada –á baixa– de 22 millóns de euros, este 2023 as vendas superaron nun 5% s do 2022, polo que se alcanzou, sempre á baixa, unha cantidade duns 23 millóns de euros en venda de libros. O de «á baixa», como xa temos sinalado nesta mesma web a falar desta xornada, é porque o Gremi de Llibreters non conta nin coas cifras dos grandes espazos (FNAC, El Corte Inglés…), nin coas de toda unha serie de librarías-papelarías, e de quioscos de xornais, que non están afiliadas ao Gremi. Tampouco se teñen en conta as vendas das librerías de vello, que poden alcanzar cifras máis ben espectaculares. Lembremos que no 2014, o día de Sant Jordi había unha semana que morrera (o 17) o escritor colombiano Gabriel García Márquez. As librarías de vello esgotaron as súas existencias da obra do Nobel de literatura. En fin, que case se podía afirman que as vendas de libros acadaron, en Cataluña, este ano, esta xornada de Sant Jordi, unha cantidade de case que 24 millóns de euros.
Sempre, claro, ao acabar a xornada, o Gremi de Llibreters dá a listaxe das cinco obras máis vendidas, tanto en castelán coma en catalán, tanto en ficción, como en non ficción e en literatura infantil e xuvenil. Velaí a listaxe dos cinco libros máis vendidos en castelán, nos diferentes apartados, en Cataluña durante esta xornada. (Lembremos que segundo o Gremi de Llibreters, dato que non se cansa de repetir cada ano, os dez libros máis vendidos non representan nin un 5% do total de libros vendidos.)
Ficción:
1.- El ángel de la ciudad, Eva García Saénz de Urturi (Planeta).
2.- Cómo (no) escribí nuestra historia, Elísabet Benavent (Suma).
3.- El retrato de casada, Maggie O’Farrel (Libros del Asteroide).
4.- El cuco de cristal, Javier Castillo (Suma).
5.- Hijos de la fábula, Fernando Aramburu (Tusquets).
Neste «partido» houbo un empate entre os equipos do grupo Planeta e o grupo Random House: dous «goles» cada un. O terceiro en discordia, un editor independente; editor que ten publicado La catedral y el niño, de Eduardo Blanco Amor, que leva un prólogo que nos puidemos aforrar todos, de Andrés Trapiello, e unha nova versión ao castelán de Cousas, de Castelao, con presentación de Domingo Villar, e tradución deste e Luís Solano, oriúndo de Galicia. Lembremos, como curiosidade, que neste apartado de Ficción a gañadora de hogano quedou no 2022 en segundo lugar, con El libro negro de las horas.
Non-ficción:
1.- Cómo hacer que te pasen cosas buenas, Marian Rojas (Espasa).
2.- Hábitos atómicos, James Clear (Diana).
3.- Encuentra tu persona vitamina, Marian Rojas (Espasa).
4.- El amor comienza por ti, Curro Cañete (Planeta).
5.- Una historia compartida, Julia Navarro (Plaza & Janés).
Neste «encontro», o equipo grupo Planeta gáñalle ao equipo Random House por 4-1, e a «Pichichi» Marian Rojas o pasado 2022, co libro gañador desta edición, quedara en segundo lugar.
Libro infantil e xuvenil:
1.- Arta contra el alien máximo, Arta Game (Montena).
2.- Tres meses, Joana Marcús (Montena).
3.- Antes de diciembre, Joana Marcús (Montena).
4.- Arta y la invasión máxima, Arta Game (Montena).
5. Despues de diciembre, Joana Marcus (Montena).
Aquí, o equipo Random House foi «intratábel»: 5-0. E a «pichichi» Joana Marcús quedara o pasado ano en segundo lugar nas vendas con Antes de diciembre, que hogano ocupa o terceiro.

Dende finais de xaneiro, inicios de febreiro, as diversas editoriais catalás empezaron a lanzar novidades con vistas ao día de Sant Jordi. En narrativa, os estantes das librarías enchéronse con centos de títulos, tanto orixinais cataláns como obras traducidas. Entre os orixinais cataláns salientan títulos como Bootes, de Miquel de Palol (Navona), La llarga migdiada de Déu, Pep Coll (Proa), 32 de Març, Xavier Bosch (Univers), La dona més pintada, Màrius Serra (Proa), Memòries de mi mateix, Ferran Torrent (Columna), La veritat no està escrita, Lolita Bosch (La Campana), La mestra i la Bèstia, Inmma Monsó (Anagrama), Serè el teu mirall, Luís-Anton Baulenas (Comanegra), Profècia, Raül Garrigasait (Ed. de 1984), Desescalades, Joan Rendè i Masdéu (Cossetània), Pregària a Proserpina, Albert Sánchez Piñol (La Campana), Les nostres mares, Gemma Ruiz Palà (Proa), Trànsit, Eva Piquer (Club Editor), La possibilitat de dir-nos casa, Marta Orriols (Proa), Les calces al sol, Regina Rodríguez Sirvent (La Campana), Cos a terra, Toni Aira (La Campana), Penediment, Andrea Mayo –heterónimo de Flàvia Company– (Navona), París érem nosaltres, Andreu Claret (Columna –premio Ramon Llull 2023), En guerra, Enric Calpena (Ed. 62), El boig dels ocells, Care Santos (Columna), S’acepten encàrrecs, Sebastià Alzamora (Ensiola), Solastálgia, Ada Castells (L’altra), Consum preferent, Andrea Genovart (Anagrama –premio Anagrama de novela en catalán 2023), La llei d’hivern, Gemma Ventura Farrè (Destino –Premi Josep Pla de narrativa 2023), Mater, Martí Dominguez (Proa –premio Proa de novela 2022), por só citarnos os nomes máis coñecidos, e deixando de lado novelas, importantes, aparecidas a finais do 2022 ou inicios do 2023, como as de Ramon Solsona, Francesc Serès ou Melcior Comes.
Polo que respecta a narrativa traducida, lectoras e lectores cataláns tiñan onde escoller. Relacionemos uns poucos títulos: El gran món, Pierre Lemaitre (Bromera), El retrat de matrimoni, Maggie O’Farrell (L’altra), Una sortida honorable, Éric Vuillard (Ed. 62), Robatori, Ann-Hélen Laestadius (Navona), Terra inestable, Claire Fuller (Les hores), El mag del Kremlin, Giuliano da Empoli (Ed. 62), Els detalls, Ia Genberg (Empúries), Eclipsi, Jo Nesbo (Proa), Demà, i demà, i demà, Gabrielle Zevin (Periscopi), La dama de
Reykjavíc, Ragnar Jónasson (Columna), Fortuna, Hernan Diaz (Periscopi), Esperant el diluvi, Dolores Redondo (Columna), Gravetat_zero, Woody Allen (Alianza), Les dames Weyward, Emilia Hart (Columna), Annie Ernaux, L’home jove (Angle), Vindrà un altre hiver, Massimo Carloto (Crims.cat), Guerra, Louis-Ferdinand Céline (Proa), Quan el món es va trencar, John Boyne (Empúries), Elizabeth Finch, Julian Barnes (Angle editorial), Els nens són reis, Delphine de Vigan (Ed. 62), e un amplo etcétera. Velaí, xa que logo, a listaxe de máis vendidos de ficción en catalán esta xornada de hogano:
1.- Les nostres mares, Gemma Ruiz Palà (Proa).
2.- 32 de març, Xavier Bosch (Univers).
3.- El retrat de matrimoni, Maggie O’Farrell (L’Altra).
4.- Les calces al sol, Regina Rodríguez Sirvent (La Campana).
5.- Demà, i demà, i demà, Gabrielle Zevin (Periscopi).
Aquí Random House (La Campana, cuxo fundador e propietario era o recentemente falecido Josep Maria Espinàs, comprouna o grupo en 2019) e Planeta (Proa), empatan. L’altra editorial e Edicions del Periscopi son dúas editoriais independentes; e Univers pertence ao grupo Enciclopèdia (La Galera, Viena, Elàstic, Rata, Catedral, Bridge, Edicions invisible e algunha máis).
Polo que se refire a libros de ensaio, historia, etc., lectoras e lectores cataláns tiñan abondo onde escoller. Vexamos uns cantos títulos: El Quixot en el Congo, Xavier Aldekoa (Península), Un botifler en la Villa y Corte, Albert Soler (Península), Cròniques des de Madrid, Miquel Alberola (Drassanes), Crims: Pecats capitals, Carles Porta (La Campana), La pausa del dies, Xavier Grasset (La Campana), Quan deixi de ser jo, Carme Elias (Columna), De la sabana a Mart: l’economia de la intel·ligència natural, Xavier Sala i Martín (La Campana), El métode per a viure sense por, Rafael Sant Andreu (La Campana), Cambó. Últim retrat, Borja de Riquer (Ed. 62), Periodisme i llibertat. Cartes 1920/1950, Josep Pla e Joan Estelrich (Destino), Entre els déus i el no-res, Jordi Coromines (Fragmenta), Les hores noves, Julià Guillamon (Anagrama), Dones, raça i classe, Angela Davgis (Tigre de Paper), Vaticangate, Vicenç Lozano (Pòrtic), Sobre la llibertat, Maggie Nelson (Anagrama), Postcreixement, Tim Jackson (Arcàdia), Casa dividida, Valentí Puig (Proa), L’Empordà per a mitòmans, Xavier Febrés (Cal·lígraf), Cartes a un jove escriptor, Calum MacCam (L’Altra editorial), Hannah Arendt: el món en joc, Fina Birulés (Arcàdia), etc. Pois ben, os libros de non-ficción máis vendidos foron:
1.-Gran Enciclopédia del Barça, La Sotana (Blackie Books).
2.-Crims:Pecats capitals, Carles Porta (La Campana).
3.-De la sabana a Mart, Xavier Sala i Martín (Rosa del vents).
4.-Mitologia dels Països Catalans, Daniel Rangil (Efadós).
5.-Si la memòria no ens falla, Quim Monzó & Sergi Pàmies (Libros de la Vanguardia).

Aquí volve gañar o equipo de Random House, xa que tanto La Campana como Rosa dels Vents pertencen ao seu grupo. Libros de La Vanguardia depende do xornal de tal nome, e tanto Blackie Books como Efadós son editoriais independentes. La Sotana é un colectivo formado por Joel Díaz, Manuel Vidal, Magí García, Andreu Juanola e Enric Gusó. Seica tal enciclopedia recolle todos os nomes do que forma, ou formaron, o FC Barcelona: dirá que o seu adestrador actual, Xavi Hernández, é un apoloxista do estado semi-escravista Qatar? Eu, que son do Barça, espero que este perda todo o que haxa que perder até que boten, a patadas, se é posíbel, a tal adestrador. E lembremos que Carles Porta, o ano anterior neste mesmo apartado ocupaba o terceiro lugar con Crims: llum a la foscor.
E no apartado de Literatura infantil e xuvenil, os cinco libros máis vendidos foron os seguintes:
1.- Les excursions d’en Tito, VV. AA. (Estrella polar).
2.- Tinc un volcà i no vull respirar, Tirado/Turu (El Cep i la Nansa).
3.- La llegenda de Sant Jordi, VV.AA. (Estrella Polar).
4.- Què és això de l’amor, Minimoni?, Rocio Bonilla (Animallibres).
5.- Les Cosines de la Mus, Copons/Fortuny (Combel).
Aquí gaña o grupo Planeta con dous tantos: Estrella polar pertence a tal Grupo, Animallibres ao Grupo Bromera (valenciano) e Combel ao grupo Casals. El Cep i la Nansa é unha editora independente sita en Vilanova i la Geltrú. Digamos que Turu (Joan Turu) aparecía o pasado ano neste apartado ocupando no posto número dous, e no 2021 ocupara o posto catro neste mesmo apartado.
Para acabarmos velaí unha pequena listaxe de obras clásicas e de libros de poesía que apareceron nestes últimos dous meses: Els morts, James Joyce (Univers), Una Societat, Virginia Woolf (Cal Carré), Carrer de sentir únic, Walter Benjamin (Flâneur), Quaderns d’exercicis i altres poemes, Iorgos Seferis (Adesiara), Marramaus, Enric Casasses (Empúries), Humanum est, Ponç Pons (Quaderns Crema), Arabesc, Manuel Forcano (Proa, reedición), Les ocultacions, Anna Gual (Proa), Llibre dels homes, Dolors Miquel (Documenta, reedición dun libro de 1997), Els plaers del condemnat, Charles Bukowski (Ed. de 1984), I desitjo i crema, Safo de Lesbos (Proa; volume que recolle todos os poemas, e fragmentos de poemas de Safo), etc.