Xavier Rodríguez Baixeras: “A xeración dos 80 evolucionamos e seguimos escribindo”

O protagonista do espazo ‘Conversas Biosbardia. Os oficios do libro’ do mes de xaneiro é Xavier Rodríguez Baixeras (Tarragona, 1945). O poeta, tradutor, ensaísta e investigador gastronómico fixo un percorrido pola súa vida, con paradas en Segovia, Palma de Mallorca, A Mariña e Vigo, e tamén pola súa traxectoria literaria.
Baixeras é un dos máis destacados membros da denominada Xeración dos 80, que el considera que foi moi importante para dotar de recursos literarios a lingua galega nun momento no que se iniciaba o proceso da autonomía política. Mais o poeta tamén defende que os escritores desa xeración non se pode investigar como autores estáticos, senón que evolucionaron desde hai corenta anos e a día de hoxe continúan a escribir “poemas de alta calidade”, “cada un no seu estilo”.
O autor do Dicionario da comida galega tivo tempo para reflexionar sobre as características e influencias da cociña galega. Tivo tempo tamén para facer algunha recomendación de onde comer no barrio do Calvario, en Vigo, ben perto da libraría Cartabón, que patrocina esta sección.
A entrevista pódese ver no Youtube e oír nas plataformas iVoox e Spotify.